BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
Os gardas forestais no cole!
Versión para imprimir
Hoxe achegáronse dous gardas forestais ao cole para explicarnos aos nenos de 5º e 6º a importancia da natureza e o seu coidado.
Nesta charla, super interesante, explicáronnos en que consiste o seu traballo, de cómo coidar e protexer todo o que nos rodea
e dos perigos que ten o bosque como os incendios e as fatais consecuencias como é a menor cantidade de osíxeno no aire e o esforzo que supón replantar árbores.
Tamén nos falaron da importancia de respectar as leis para o noso propio beneficio. Que debemos facer e que non. Ensináronnos fotos da falta de respecto polo bosque: vertidos e entullos, vandalismo...
Estaban tan entusiasmados que nos foron contaron que das árbores obtemos diferentes materiais: madeira, resina, cortiza e en que se transforman como papel, pegamento, vernices, mobles, bateas.
Outros beneficios que obtemos dos montes: poder practicar deporte, pescar, cazar, o mel que fabrican as abellas, os cogomelos, froitas silvestres…
E… o arte tamén está presente nos bosques!!!
Por suposto, non se esqueceron dos ríos e de contarnos como comproban o nivel de contaminación que teñen e como esa contaminación chega ao mar.
Recordáronnos que o monte é propiedade e ten dono: montes particulares, veciñais e públicos. Neste está escrita parte da historia: calzadas romanas, petroglifos…
Foi unha charla ben interesante na que aprendemos unha morea!
Graciñas pola vosa visita. Foi unha gran experiencia!!!