Skip to Content

XA CHEGA O CARNAVAL!

Versión para imprimir

 

Queridas familias:

 Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro celebraremos o  Entroido no centro, as actividades comezarán o venres 14 coa colocación do noso Meco e a primeira copla de Entroido.

 As ordes serán as seguintes:

 LUNS 17: Deportes

 “Se en forma queres estar

 Algún deporte deberás practicar”.

 

MARTES 18: Profesións

 “Mestr@? Perruqueir@? Futbolista?

 Trae algo para adiviñar

 ao que de maior te vas dedicar!”

 

MERCORES 19: Superheroes e superheroínas.

 “Se deste día queres desfrutar

 en superheroe ou superheroína te deberás transformar”

  

XOVES 20: Día libre.

 “O xoves escolles ti!!!

 Do que che apeteza poderás vir!”

 VENRES 21: O mar.

 “Chegou o día grande!

 Hoxe todos imos desfilar,

 converteremos a Sangriña no fondo do mar!”

 



page | by Dr. Radut