Skip to Content

Antroido

BATUCADA

Hoxe foi o día...o alumnado de 5º e 6º fixo esta actividade que quedara adiada o último día do Entroido porque o tempo non acompañou.

Dirixindo maxistralmente esta actividade estivo ANTONIO OCAMPO CARRACELAS  do grupo de percusión ODAIKO (https://www.youtube.com/user/odaikopercusiongroup/videos) e a profe VIRGINIA ós que achegamos un agradecemento especial.

O alumnado saiu do Centro cara a praza do As de Copas enchendo de ritmo e son a Vila e sorprendendo gratamente ás persoas que ían polas rúas.

Así transcorreu a actividade:

ENTROIDO 2024. VENRES. CEIP A SANGRIÑA

Remate final deste atípico entroido. O tempo non acompañou e houbo que anular a festa programada para hoxe.

A pesares disto as nosas nenas e nenos viñeron coa súa mellor actitude e co seu disfrace favorito. Nas aulas compartiron merenda, xogos e cine. 

Aquí deixamos as imaxes: 

ENTROIDO 2024.XOVES. CEIP A SANGRIÑA

Aínda que o tempo non axudou, o noso alumnado non o notou...chegaron ó cole : carapuchiñas,ananos,magos,mortadelo, spiderman,moscas e moitos máis personaxes de contos moi ben caracterizados. 

A mal tempo,...disfraces fermosos e ben orixinais!!!

Aquí quedan:

Mañá como o tempo non vai acompañar, tivemos que anular algunhas actividades pero a festa está garantizada!!!

ENTROIDO 2024. MÉRCORES. CEIP A SANGRIÑA

No ecuador da semana de entroido, elefantes, porquiños, lobos,abellas, ratiñas...e unha chea de animais de contos encheron de ledicia e ilusión as aulas.

Aquí os podedes ver: 

 A festa segue claro...mañá...

ENTROIDO 2024. MARTES. CEIP A SAMGRIÑA

2º día de entroido!!! A rapazada encheu aulas e corredores de bruxas, presos, lobos, esqueletes...e de personaxes dos contos un pouco... malotes.

Queredes velos? Aquí están: 

E mañá?...Que siga a festaaaaaaa!!

ENTROIDO 2024. LUNS.CEIP A SANGRIÑA

Empezamos con alegría o Entroido!!!

O Venres o meco deixou o seu mandado e...obedientes chegaron as nosas heroínas e os heroes para encher as aulas de capas, de máscaras e todos os complementos que quixeron traer para que a mañá resultase...festeira!!!

Aquí quedan:

E para mañá? Que manda o Meco? 

VENRES DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Remata aquí a nosa semana de Entroido.

Hoxe quedou á elección do alumnado o disfrace. Canta diversidade!!! Moi orixinais e creativos. A que si?

E...rematamos a xornada coa queima do meco:

 

XOVES DE ENTROIDO 2022 A SANGRIÑA

Hoxe A Sangriña apareceu cheiño de artistas.

Para onde queira que mirases,aulas ou corredores, alí estaban, dándolle un brillo especial ó Centro: cantantes, pintor@s,bailador@s, rockeiros...

E tamén, ata aquí se quixeron acercar tres artistas moi especiais que tod@s coñecemos moi ben...as Tanxugueiras!!! coa pandeireta na man, non podía ser doutro xeito!!!!

Un xoves de entroido cheo de brillo!!!! Queredes velo?

MÉRCORES DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Como nos gustan os contos!!!!

Canto nos "mola" ler!!!

Pois...libros e contiños viaxaron hoxe polos corredores e as aulas do Centro. Adiviñaredes os personaxes?

 

MARTES DE ENTROIDO 2022. A SANGRIÑA

Hoxe enchemos A Sangriña de deportistas!!!!Xa sabedes que a práctica dun deporte a calquera nivel ten múltiples beneficios..

Mirade...mirade...de todo tipo... 

Distribuir contido


by Dr. Radut