Skip to Content

A HORTA DA SANGRIÑA

Versión para imprimir

Comezando co proxecto "Un patio cheo de vida" construímos a nosa horta grazas ao concello, a Diputación e a varios mestres que traballamos arreo para pola en funcionamento. Como a horta aínda se rematou ae pouco este curso solo puidemos prantar leitugas pero, temos a case todo o cole ilusionado e participando nesta experiencia.

As fases para a súa elaboración foron moitas: marcamos a parcela, veu a pala a remexar a terra (xa que nunca se traballara nela), botámoslle abono e a remexemos de novo, construcción do valado (concello), marcar os bancais e por fin comezamos a prantar. Agora imos a regar e a ver como cada día van merando as nosas leitugas. E para espantar aos paxaros... Jessi!! a nosa espantallo, cun tutú de cores axúda a que os paxaros non veñan a nosa horta.

E agora na hora do recero moitos nenos e nenas van ata alí e disfrutan deste novo espazo. Aquí vos deixo un vídeo con algunhas das fotos, espero que vos guste!!

 



page | by Dr. Radut