Skip to Content

ENTROIDO 2021

Versión para imprimir

Estimadas familias,

Un ano mais xa está aquí o Carnaval!

Dende o CEIP A Sangriña a pesares da situación que estamos a vivir queremos celebrar de algunha maneira o Entroido, por ese motivo durante a semana que ven (8-12 de febreiro) todo o alumnado poderá vir disfrazado (agás complementos) segundo as instrucións do Meco.

Estas son as seguintes:

Luns: 3,2,1… Despegue!! Ooh que sono, a durmir!! O luns non te apures pois en pixama podes vir!!

Martes: Mecánica, deportista… Trae algo para adiviñar o que de maior te vas a adicar!!

Mércores: Súper heroína/ súper heroe, princesa/príncipe. Podes elixir no te queres converter.

Xoves: Pensa un segundo, e vente do que máis che guste do mundo!!

Venres: Ata o infinito e máis alá!! Deixa voar a imaxinación e do espazo ven como colofón.

Agardamos que as nenas e nenos poidan desfrutar dentro das posibilidades.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

 



page | by Dr. Radut