Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
31
Start: 31/05/2021 09:28
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xuño. Bo proveito!
Start: 31/05/2021 09:37
O luns 24 e martes 25 de maio a praia de Arealonga recibiu a visita das nenas e nenos do noso cole, para continuar cas actividades relacionadas co noso proxecto de centro. Neste caso, no mes de maio traballamos sobre a saúde medioambiental. A actividade consistiu na identificación dos residuos e a explicación da súa procedencia. Unha vez identificados o alumnado procedeu a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Atopáron gran cantidade de cabichas, entullos e vidros.
Puidemos participar nunha xornada educativa e de lecer preparada pola concellería de medio ambiente. Moitas gracias!!
| 1
| 2
Start: 02/06/2021 08:22
O venres 14 de maio celebramos o "Maratón das Letras Galegas". Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que o percorrido realizámolo dentro do centro. Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida. Por quendas, dende os máis pequenos do cole ata os mestres e mestras amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!! Tivemos a sorte de que durante o percorrido, o resto do alumnado, animában con carteis realizados por elxs mesmxs. Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar aproveitando o bo tempo!! Gracias!! A continuación deixámosvos un video cunha pequena mostra deste maratón 2021
| 3
| 4
| 5
| 6
|