Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 25, 2021
Start: 25/05/2021 10:24

Xa está publicado no DOG a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2021-2022.

 

O alumnado que pode solicitar estas axudas é:

- 1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material.

- 3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.

 

* Presentación de solicitudes: ata o 22/06/2021

 

Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:

 

Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:

Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES 

Para máis información sobre a Chave 365:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).

 

Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"

 

  

Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

 

Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.

 

Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.

 

Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade...

O horario de presentación no centro será os luns de 9:00-9:30, os martes de 16:00-18:00 ou os xoves de 13:00-13:30.

No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.

 

A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2019.

 

Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.

 

 

 

Luns Maio 31, 2021
Start: 31/05/2021 09:28

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xuño.

Bo proveito!

 

Start: 31/05/2021 09:37

O  luns 24  e martes 25 de maio  a  praia de Arealonga recibiu a visita das nenas e nenos do noso cole, para continuar cas actividades relacionadas co noso proxecto de centro. Neste caso, no mes de maio traballamos sobre a saúde medioambiental.

A actividade consistiu na identificación dos residuos e a explicación da súa procedencia. Unha vez identificados o alumnado procedeu a retirar o lixo da praia de forma selectiva para o seu tratamento. Atopáron gran cantidade de cabichas, entullos e vidros.

 Puidemos participar nunha xornada educativa e de lecer preparada pola concellería de medio ambiente.

Moitas gracias!!

     

      

     

    

 

Mércores Xuño 02, 2021
Start: 02/06/2021 08:22

O venres 14 de maio celebramos o "Maratón das Letras Galegas".

Este ano, tocou organizalo dun xeito diferente, xa que o percorrido realizámolo dentro do centro.

Todo o alumnado, vestido ca nova camiseta do cole, pasou unha xornada diferente pero moi divertida.

Por quendas, dende os máis pequenos do cole ata os mestres e mestras amosaron as súas habilidades como expertxs corredorxs!!

Tivemos a sorte de que durante  o percorrido, o resto do alumnado, animában con carteis realizados por elxs mesmxs. 

Na meta, esperábannos a nosa ANPA cunha rica merenda que tomamos ao rematar aproveitando o bo tempo!!

Gracias!!

A continuación deixámosvos un video cunha pequena mostra deste maratón 2021

 

 

Martes Xuño 08, 2021
Start: 08/06/2021 16:32

O alumnado de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2021/2022 deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013.

Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada.

Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

 

 

 

Venres Xuño 18, 2021
Start: 18/06/2021 11:49

E co curso a piques de rematar....temos lista unha nova edición da nosa revista "FOLERPAS 2021".

Despois de todo o curso traballando no proxecto de SAÚDE aquí tedes unha pequena mostra de diferentes actividades que fixeron o noso alumnado.

Esperemos que pasedes un bo rato lendo a revista e vos guste tanto como a nós!!

https://issuu.com/angoren/docs/revista_folerpas_xuntada

A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un... Bo verán!!

  

Luns Xuño 21, 2021
Start: 21/06/2021 10:54

Durante o terceiro trimestre  fomentamos a actividade física, movemento e hábitos saudables a través de diferentes retos.

Desexábamos con gañas que chegase o venres para ver eses vídeos marabillosos cás familias e descubrir o novo reto da seguinte semana!!

GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

Como broche final, non queremos despedirnos sen ensinarvos o resultado final dunha coreografía conxunta do alumnado do colexio.

Desfrutade do verán e...A SEGUIR MOVENDO O ESQUELETO ASÍ DE BEN!!

 
Martes Xuño 22, 2021
Start: 22/06/2021 10:50

Que mellor para pasar un rato agradable no verán que unha boa recomendación lectora!

Así son as recomendacións lectoras dos libros que che fai a Biblioteca Caracola Tola para este ano...

A Biblioteca Caracola Tola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanvos un verán cheo de historias e cousas boas!

Start: 22/06/2021 13:24

Para rematar este mes de xuño co proxecto de "Saúde" traballamos a seguridade vial.

O pasado xoves, 17 de xuño, tivemos a sorte de contar ca policía local de Redondela e a Garda Civil.

Nunha primeira parte da actividade, estivemos moi atentos ao que nos contaban acerca dos perigos e das normas que debemos seguir cando camiñamos pola nosa localidade. A través duns vídeos, aprendemos a importancia de coñecer os sinais, respectar ao resto de peóns, ter coidado ao cruzar a rúa...

Despois, chegaba a parte que estábamos desexando...poder ver e subir nos seus coches e descubriri como son por dentro e todo o que levan!!

Aínda con mal tempo...PASÁMOLO XENIAL!!

  

   

  

Distribuir contido


by Dr. Radut