Novas

Aula Virtual

Estamos poñendo a funcionar a aula virtual. Podedes acceder a mesma no menú "Aula virtual" na parte superior dereita da páxina WEB.

Para entrar na  mesma o podedes realizar pulsando no acceso "entrar coma convidado" e así non requerirá ningunha contrasinal.

Os contidos os iremos ampliando según a duración da suspensión da actividade académica.

Recordade que os alumnos de 5º e 6º teñen que realizar as activdades online dos temas que tiñan comenzados.

Grazas

Acceso ao traballo dos alumn@s

Para acceder ao traballo proposto para os días de suspensión da actividade docente, pulsar no menú "Actividades" - "Escolares" situado na parte inferior dereita da páxina e poderemos acceder ás actividades programadas para os distintos niveis educativos. Os alumnos de 5º e 6º de primaria, poden acceder desde calquera computador aos contidos dixitais na dirección:


https:// eva. edu.xunta.es/

 

Calquera dúbida que poida xurdir resolverémoslla mediante correo electrónico:

 

ceip.carballeira@edu.xunta.es

 

Na "Aula virtual", podedes acceder aos contidos complementarios de matemáticas. Utilizade o acceso como "invitado".

 

 

 

 

Vacantes alumnado curso 2019/20

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para o próximo curso escolar 2019/20.

 

Prema AQUÍ para consultar a normativa que regula o procedemento de admisión do alumnado.

Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2019/20

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2019/20. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) ( (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)

3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

NOTA INFORMATIVA:

  • Só se poderá presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fora así, perderanse os dereitos de prioridade.
  • Se hai alumnado matriculado neste centro que presente solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
  • O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro centro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
  • ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda. Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oesta.
  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

Calendario admisión alumnado curso 2019/2020

Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión do alumnado.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019/20. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2019/20.

O formulario normalizado (ED55OA) será facilitado polo centro e deberá entregarse ao titor/a ou na secretaría do CEIP A Carballeira antes do xoves 15 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do alumno/a.
  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.

O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo. 

Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.

Elección de membros do Consello Escolar

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 08/10/2018) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros de ensino non universitario. Procederase nos meses de novembro e decembro á renovación parcial  ( Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 26 e 30 de novembro, ambos os  dous incluídos.

A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 25 de setembro entre os días 5 e 8 de novembro de 2018.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro día 23 de outubro ás 12:00 horas na Secretaría do Centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar epublicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participen na vida da Escola para desta maneira contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

Comenzo das clases

O vindeiro mércores, 12 de setembro, ás 9:00 horas comenzarán as clases non niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.

Vacantes alumnado curso 2018/19

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para o próximo curso escolar.

Prema AQUÍ para consultar a normativa que regula o procedemento de admisión do alumnado.

Presentación solicitudes de admisión curso 2018/19

 

Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.

DO 1 AO 20 DE MARZO: 

Ábrese o prazo para presentar as reservas de praza para o curso 2018/19. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.

4º- Copia tarxeta sanitaria do neno/a.

 

NOTA INFORMATIVA


• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031