Taboleiro

O Noso colexio premiado no concurso de carteis do "Día Internacional da Muller""

O alumando de 4º nivel de Educación Infantil, e a súa mestra, María Gómez Barba, veñen de acadar un accésit no concurso de deseño do cartel do 8 de marzo (Día Internacional da Muller).

O certame estaba dividido en tres categorías. Na primeira, dirixida ao alumnado de infantil e aos cursos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de educación primaria, obtivo o primeiro premio o alumnado de 2º de Primaria do Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Anxo dá Garda da Coruña co título Igualdade; o segundo galardón recaeu nas alumnas e alumnos do 4º de Primaria do CPI CovaTerreña, de Baiona, co traballo Fomentamos a igualdade non patio do cole; e o accésit foi para o alumnado de 4º de Infantil do CEIP A Carballeira, de Lourizán-Pontevedra con Mariscadoras.

O xurado valorou este ano de maneira positiva a alta participación conseguida nesta edición do certame no que presentaron os seus traballos ata 95 centros escolares.

 

Inicio clases do curso 2021-2022

Comunicamos a toda a comunidade educativa que o  proximo xoves, 9 de setembro, comezarán as clases do curso escolar 2021/2022.

O horario lectivo será de 09:00 a 14:00 horas. Lembramos que as portas do centro abriranse ás 08:45 horas, debendo acceder o alumnado de educación primaria ao soportal cuberto, ocupando os lugares  predeterminados para cada nivel educativo. A continuación entrará o alumnado de educación infantil, acompañados soamente por unha persoa para evitar aglomeracións.

Grazas pola súa colaboración.

Recollida vales material e libros de texto

Os días 1 e 2 de xullo, en horario de 09:00 a 12:00 horas, as familias con axudas de libros e material escolar concedidas, poderán pasar a recoller os correspondentes vales polo centro educativo.

Listado libros de texto e material escolar curso 21/22

Nos arquivos adxuntos, podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

Día non lectivo

Comunicamos a toda a comunidade educativa, que o vindeiro luns día 2 de novembro, non haberá clase, por ser un dos días elexidos polos centros escolares de Pontevedra como non lectivos.

Comenzo curso escolar 2020/2021

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a incorporación do alumnado do centro, producirase de forma gradual:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria. Durante este curso, o alumnado de educación primaria accederá ao centro ás 08:45 horas e o alumnado de Educación Infantil ás 09:00 horas para evitar aglomeracións e contactos.

A saída de Educación Infantil será ás 13:45 horas e a de Educación Primaria ás 14:00 horas polo mesmo motivo.

NOTA INFORMATIVA DA ANPA ANTE O PROTOCOLO COVID-19

No arquivo adxunto, podedes ler a nota informativa coas medidas adoptadas pola FANPA.

Nota informativa ANPA

Queridas familias:

Coa intención de axudarvos a repartir os importantes gastos de inicio de curso desde agora e ata o 1 de outubro xa podedes:

1. Pagar a cota de socio/a da ANPA e do seguro escolar voluntario (con cobertura de gafas e próteses durante as actividades organizadas pola ANPA). A ficha de inscrición descárgase na web do Centro na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacarballeira/.

Unha vez realizado o pagamento cómpre que nos enviedes por correo electrónico anpaceipacarballeira@gmail.com o xustificante bancario e a ficha cuberta e asinada (fotografía ou documentos escaneados). Por favor, non esquezades indicar o nome do neno/a no concepto bancario do pago.

2. Comprar o chándal do cole que recomendamos empregar nas saídas escolares é para facilitar a localización dos alumnos nos grupos.

(Máis información na nota adxunta)

Materiais funxibles curso 2020/21

Nos arquivos adxuntos, poden consultar as listas de materiais funxibles para o curso 2020/21

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, eduiación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (Código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).

PRAZOS:

- Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

DATAS LÍMITES:

- Publicación listaxes provisionais: ata o 10 de xullo de 2020

- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

- Publicación listaxes definitivas: ata o 20 de xullo de 2020

 

Rógase acudir con cita previa e coas medidas de protección oportunas.(Recoméndase utilizar o proceso telemático)

Nos ficheiros adxuntos, poden ler as instruccións para solicitar as axudas e descargar os anexos da solicitude.

Instruccións fondo libros

Anexos I e II

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031