Complementarias

PETROGLIFOS E ENTROIDO

Aproveitando que este curso  estamos desenvolvendo un Proxecto Documental Integrado que  leva por título “As pegadas do pasado”, no que estudaremos a Prehistoria e os petroglifos  (gravados simbólicos en pedra feitos na Prehistoria), pareceunos moi boa idea  que na Festa do Entroido, que celebraremos o 8 de febreiro, veñamos todos disfrazados de homes e mulleres primitivas.

 

Animadevos a disfrazar aos vosos fillos e fillas e por que non?, vós, as familias, tamén podedes sumarvos a esta “festa Primitiva”, na que agardamos disfrutar, coma nos últimos anos, dos  “manjares” destas datas, que con tan boa ,man preparades cos vosos pequenos.

 Agradecemos, desde aquí,  unha vez máis a inestimable colaboración das familias. 

 

“AS PEGADAS DO PASADO”

Este curso escolar, todo  o colexio vai levar a cabo un proxecto  documental integrado que leva por  título As pegadas do pasado”.  Estudaremos os petroglifos, a vida na prehistoria… Visitaremos algún petroglifo, ademais de estudar o noso,  porque xa sabedes que no recinto escolar temos un petroglifo que, agardamos, sexa “restaurado”este curso para poder disfrutar del como testemuña dos nosos antepasados.

 

MAGOSTO

O venres, día 9 de novembro, celebraremos o MAGOSTO, se o tempo o permite. 

         Faremos unha exposición. Para iso  propoñemosvos a  elaboración  de  traballos que poderedes facer coa colaboración das familias e traer ao colexio a partir do luns, día 5 de novembro., 

      * Para Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria (1º e 2º curso): manualidades feitas con elementos propios do outono (castañas, noces, piñas, follas…).

* Para 2º e 3º ciclos de Primaria (de 3º a 6º curso):  receitas  de cociña, escritas en galego,  elaboradas con produtos propios deste tempo  (castañas, noces, cogumelos…).

 

      O venres 9, faremos o magosto. Con  tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades  unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro. Tamén haberá chourizos asados con pan.

            Se algún de vós  dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda. 

            Tamén haberá unha pequeña degustación de chourizos asados. Os que non podedes ou non debedes comer chourizo, facerllo saber aos vosos  titores/as.

            Pasarémolo moi ben,  comendo e xogando!!!

            O Colexio xa está preparando murais e actividades para o evento.

 

      Grazas pola colaboración das familias.

SAMAÍN

Como corre o tempo. Xa estamos de cheo metidos no outono e ás portas, un ano máis,  da celebración do Samaín e o Magosto.

            A vindeira semana celebraremos o Samaín con obradoiros de vaciado e decoración de cabazas, á vez que ornamentaremos a entrada do colexio para o efecto, rematando coa exposición dos traballos elaborados.

            Animádevos a traer cabazas para decorar ou xa decoradas da casa. Podedes pedirle colaboración ás vosas familias. É un bo momento para facer algo xuntos.

Magosto

Xa sabedes que o venres que vén, día 11 de novembro, celebraremos o  MAGOSTO no Colexio, se o tempo o permite.


Con  tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades  unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro. Tamén haberá chourizos asados con pan.


 


Se algún de vós  dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda.


 

Samaín

A celebración do  Samaín resultou moi interesante. A entrada do colexio quedou adornada coma se fose un túnel tenebroso cheo de teas de araña, morcegos e demais bichería que levaban ata o precioso mural feito para a ocasión.


 


 Tamén se fixo  un obradoiro no que puidemos aprender diferentes maneiras de decorar as cabazas, coa inestimable colaboración de Manuela, unha nai de alumnos do Centro.


Ao remate, fixemos unha exposición coas cabazas decoradas cunha vela acesa no seu interior, como manda a tradición.


 


Quedou de medo!!!

Biblioteca

A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento.  Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.


Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores  que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..


O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.


 


Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.

BLOG TIC "A CARBALLEIRA"

Neste enlace:

https://ticcarballeira.wordpress.com/

 

Podedes acceder o novo blog do equipo TIC do C.E.I.P. "A Carballeira", con enlaces a contidos educativos de todo tipo.

1º PREMIO PARA O NOSO COLEXIO DO CERTAME “CHOVEN LETRAS DE LOIS PEREIRO”

Parabéns para todos, especialmente para o equipo de Dinamización.

 

Blog do ENDL

A profesora Ángeles, coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística, ten creado un novo "blog", no que podedes ver as actividades realizadas e outras novas relacionadas coa nosa lingua.

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/ 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031