ANPA

Notas informativas ANPA

Nos arquivos adxuntos tedes duas notas informativas da ANPA sobre o principio de curso e ficha de socios.

NOTA INFORMATIVA DA ANPA ANTE O PROTOCOLO COVID-19

No arquivo adxunto, podedes ler a nota informativa coas medidas adoptadas pola FANPA.

Nota informativa ANPA

Queridas familias:

Coa intención de axudarvos a repartir os importantes gastos de inicio de curso desde agora e ata o 1 de outubro xa podedes:

1. Pagar a cota de socio/a da ANPA e do seguro escolar voluntario (con cobertura de gafas e próteses durante as actividades organizadas pola ANPA). A ficha de inscrición descárgase na web do Centro na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacarballeira/.

Unha vez realizado o pagamento cómpre que nos enviedes por correo electrónico anpaceipacarballeira@gmail.com o xustificante bancario e a ficha cuberta e asinada (fotografía ou documentos escaneados). Por favor, non esquezades indicar o nome do neno/a no concepto bancario do pago.

2. Comprar o chándal do cole que recomendamos empregar nas saídas escolares é para facilitar a localización dos alumnos nos grupos.

(Máis información na nota adxunta)

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: COMEDOR ESCOLAR E PLAN MADRUGA

O  luns, día 12 de setembro, co inicio da actividade lectiva do curso escolar, comezarán tamén a funcionar os servizos complementarios de COMEDOR e PLAN MADRUGA.

Estes son dous servizos xestionados pola ANPA do colexio e que contan coa axuda do Concello de Pontevedra.

 

As familias que desexen máis información sobre estes  servizos e os que desexen utilizalos e aindan non se inscribirán,  poderán facelo nos impresos que se xuntan ou dirixíndose á ANPA ou ben  achegándose ao colexio. 

PLAN MADRUGA E COMEDOR ESCOLAR

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.E.I.P. A CARBALLEIRA de Lourizán no seu desexo de axudar ás familias a conciliar a vida laboral coa escolar implantou este curso (2015/2016) o servizo do Plan Madruga. Deste xeito, as familias que así o desexen, poderán levar ao colexio aos seus fillos antes do horario escolar,  a partir das 07:30 horas e ademais poderán tomar o almorzo, equilibrado, saudable e variado.

 

Con esta mesma idea a ANPA está traballando para poñer a funcionar un servizo de Comedor Escolar que de seguro  poderán contar con el as familias para o vindeiro curso. Mesmo se están facendo os trámites para ver se xa pode comezar a funcionar a mediados deste ano académico.

ANPA

No Centro existe unha Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas constituida legalmente, cunha organización que se desenvolve a través da Xunta Directiva da que é Presidenta Dª. Julia Moledo Cos.
As súas funcións están recollidas no artigo 105 do Regulamento Orgánico das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria (D.O.G. do 21 de outubro de 1996).

PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS DO C.E.I.P. A CARBALLEIRA

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031