Novas

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA – curso 2021/22

Publicada no DOG (12/11/2021) a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. O alumnado que recibiu axuda de material escolar no curso 2021/22 NON ten que presentar solicitude. As máscaras entregaránselle AUTOMATICAMENTE.

2. deberá participar o alumnado que non presentou solicitude de material escolar ou resultou excluída no curso 2021/22 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (na declaración do ano 2019)

• Alumnado matriculado en educación especial

• Alumnado suxeito a tutela da Xunta de Galicia

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

PRAZO:

O prazo de entrega de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro e realizarase presencialmente no centro

ANEXO I e ANEXO II estarán disponibles no centro para cubrir e entregar, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

Xunto coa solicitude ANEXO I e ANEXO II presentarase no centro a seguinte documentación:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

-Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

Inicio clases do curso 2021-2022

Comunicamos a toda a comunidade educativa que o  proximo xoves, 9 de setembro, comezarán as clases do curso escolar 2021/2022.

O horario lectivo será de 09:00 a 14:00 horas. Lembramos que as portas do centro abriranse ás 08:45 horas, debendo acceder o alumnado de educación primaria ao soportal cuberto, ocupando os lugares  predeterminados para cada nivel educativo. A continuación entrará o alumnado de educación infantil, acompañados soamente por unha persoa para evitar aglomeracións.

Grazas pola súa colaboración.

Listado PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2021/22 (DOG nº 93 do 20 de maio de 2021)

No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574),  o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2021/22. 

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase o venres 2 de xullo no taboleiro interior unha vez finalizado o prazo de reclamacións.

Recollida vales material e libros de texto

Os días 1 e 2 de xullo, en horario de 09:00 a 12:00 horas, as familias con axudas de libros e material escolar concedidas, poderán pasar a recoller os correspondentes vales polo centro educativo.

Listado libros de texto e material escolar curso 21/22

Nos arquivos adxuntos, podedes consultar o listado de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2021/22

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar para o curso 2021/22

ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021)

AXUDAS para adquirir LIBROS DE TEXTO, destinada ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria

  • 210€  con renda per cápita familiar, igual ou inferior a 6000€ 
  • 140€ con renda per cápita familiar superior a 6000€ e inferior o igual a 10.000€.

FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO para o alumnado matriculado en 3º e  4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo e asignaranse os libros, por orde inversa á renda per capita da unidade familiar, ata esgotar as existencias do centro.

AXUDAS para adquirir MATERIAL ESCOLAR destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria, con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.  

O alumnado que vai cursar 5º e 6º de Primaria está incluído no Proxecto EDIXGAL, non participa no FONDO DE LIBROS pero poderá solicitar a AXUDA para adquirir MATERIAL ESCOLAR.

PRAZOS:

- Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2020

 MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ANEXO I e II (impreso en castelán ou galego) dispoñible na aplicación FONDOLIBROS a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia  empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. 

2.- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro (CITA PREVIA 886151574): solicitude ANEXO I e II (debidamente asinados), xunto coa documentación precisa xa fotocopiada. 

DOCUMENTACIÓN 

• Impreso de solicitude ANEXO I ED330B e ANEXO II.

• Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

(Situación real a 31 de decembro de 2019)

E de ser o caso:

• Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

• Certificado de Convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.

• Documentación xustificativa de violencia de xénero.

• Certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia)

DATAS LÍMITE:

- Publicación listaxes provisionais: ata o 9 de xullo de 2021

- Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación

- Publicación listaxes definitivas: ata o 16 de xullo de 2021

Listaxe provisional de alumnado admitido - curso 2021/22

Comunicamos a todas as familias que solicitaron praza neste centro para o curso 2021/22 que están admitidas todas as solicitudes presentadas.

Asemade, no taboleiro de anuncios do centro (CITA PREVIA) e na aplicación "Admisión alumnado", pódese consultar, o listado provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar. 

Cita Previa no teléfono 886151574.

Presentación solicitudes admisión novo alumnado curso 2021/22

DO 1 AO 22 DE MARZO

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión novo alumnado para o curso 2021/22. O  formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación “admisionalumnado” .

Deben acudir ao centro con CITA PREVIA.

Teléfono 886151574E-mail: ceip.carballeira@edu.xunta.gal

Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:

1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia e orixinal para cotexar.

2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).

3º- Copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso, e orixinal para cotexar

 

PRAZO:

- Presentación de solicitudes: DO 1 AO 22 DE MARZO

 

DATAS LÍMITES:

- Publicación listaxes provisionais: antes do 26 de abril de 2021

- Reclamacións ás listaxes provisionais: 5 días hábiles á publicación da listaxe provisional

- Publicación listaxes definitivas: antes do 17 de maio

 

NOTA INFORMATIVA

• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.

• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.

• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.

• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).

• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.

 

Vacantes alumnado curso 2021/22

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para próximo curso escolar 2021/22.

Normativa admisión alumnado 2021/22

Normativa relacionada

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031