blogue deadmin
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 19/06/2024 - 11:10O prazo de formalización de matrícula terá lugas do 20 ao 30 de xuño
Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:
- Impreso de formalización
- Autorización do uso da imaxe// dispoñible no centro educativo
- Autorización de recollida para persoas distintas aos proxenitores // dispoñible no centro educativo
- Cuestionario lingua materna (para 4º de E.I.) // dispoñible no centro educativo
- 2 fotografías tamaño carné
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
BECAS NEAE 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 14/05/2024 - 13:49O prazo de solicitudes de becas NEAE para o curso 2024-2025 estará aberto a través do seguinte enlace ata o 13 de setembro do 2024:
SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 02/04/2024 - 10:33Estimadas familias,
informarvos de que todas as solicitudes de admisión presentadas no noso centro para o curso 2024-2025 están admitidas.
Exámenes Cambridge
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 10:31Estimadas familias.
Aquí tedes toda información en relación aos exámenes de Cambridge que se celebrarán no noso centro o 30 de maio.
O prazo para a realización da matrícula finaliza o 11 de Abril.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 23/02/2024 - 13:23Información do proceso de admisión para o vindeiro curso
NORMATIVA
- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).
- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022, (DOG núm. 212, do 8 de novembro)
- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable.
Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo
Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B GALEGO) (ANEXO II - ED550B CASTELÁN)
-
Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.
-
De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
- Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.
O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores
Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.
Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.
A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.
No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.
Presentación da documentación para o baremo
No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.
O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.
Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril
Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.
Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.
Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio
Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:
- Impreso de formalización de matrícula
- Cuestionario de lingua materna (só o novo alumnado de 3 anos)
- Autorización do uso da imaxe
- 2 fotografías tamaño carné
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
PREVISIÓN DE VACANTES CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 16/02/2024 - 14:54PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2024-2025
CURSO |
VACANTES |
4º E.I. |
17 +3NEAE |
5º E.I. |
11 |
6º E.I. |
11 |
1º E.P. |
8 +3NEAE |
2º E.P. |
3 |
3ºE.P. |
13 |
4ºE.P. |
3 |
5º E.P. |
3 |
6º E.P. |
9 |
INFORMACIÓN RELATIVA Á RESERVA DE PRAZA NO IES ADSCRITO
Enviado por admin o Xov, 01/02/2024 - 14:50Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza para o curso 2024/25 no instituto Torrente Ballester .
Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir o impreso de reserva (Anexo I en Castelán – ED550A) ou (Anexo I en Galego – ED550A) e presentalo na secretaría do noso centro.
Habitualmente o IES Torrente Ballester ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado dos centros adscritos. Se este ano ocorre o mesmo, unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.
Se teñen a reserva aceptada no IES Torrente Ballester NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar previamente por escrito á praza reservada (antes do 28 de febreiro).
O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.
Normativa aplicable:
Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11 de febreiro de 2022)
Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)
Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 de xuño de 2023)
Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
(*) Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 26/01/2024 - 11:25Comezamos coas xornadas de portas abertas no noso centro .
Serán os martes 6,20 e 27 de febrerio de 16:30 a 17:30.
Para máis información:
Tlfn: 886151574
email: ceip.carballeira@edu.xunta.gal
Ven a coñecernos!