Presentación solicitudes de admisión curso 2018/19
Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) modificado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017.
Ábrese o prazo para presentar as reservas de praza para o curso 2018/19. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro)
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.
4º- Copia tarxeta sanitaria do neno/a.
NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.