Actividades Normalización

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO

Aquí deixamos un vídeo!!

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día a tod@s!!

Está a caer o día das letras galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor e docente ferrolán.

A pesar do aprazamento establecido pola Real Academia Galega, que traslada a conmemoración oficial do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro, son moitos os centros que están a desenvolver actividades sobre Ricardo Carvalho Calero.

CONTIÑOS

Ola boa tarde a todos e todas!!!

Hoxe como é  o día do libro quixera compartir esta colección de contiños tan bonita . Botádelle un ollo porque son moi chulos. Aquí achego un  enlace onde podedes ler unha morea de contos en galego. Hai unha gran colección  denominada CONTIÑOS: A RATA LUÍSA - O MORCEGO ROQUE- OUTROS CONTIÑOS         

http://www.adelaleiro.com/v/3/Cat%c3%a1logo-de-descargas/Conti%c3%b1os/Conti%c3%b1os/8.aspx

A gozar coa lectura!

CHOLO E NELA COVID QUE TE VIN

Bo día a todos e todas!!

Hoxe para alegrar a mañá do luns, déixovos aquí unha canción moi marchosa.

Cholo e Nela non descansan aínda que están, coma nós, en período de confinamento. Con esta nova canción dannos pautas para loitarmos e vencermos o coronavirus.

PAPIROFLEXIA

Boa tarde a todos e todas!

Propoñémosvos unha actividade de papiroflexia para realizar neses momentos mortos do día e que ao mesmo tempo vainos axudar a traballar a atención, psicomotricidade fina, coordinación entre outras moitas.

Imos crear unha caixiña de papel de refugallo que podedes empregar para o que vos queirades. Podedes decorar o papel con cores chulas. Se seguides os pasos deste titorial que axuntamos vaivos a ser moi doado.

Moita sorte a todos!!!

Nós tamén creamos!!

Aquí vos deixamos unha curtametraxe moi divertida que ten por título: "A mellor sopa do mundo" creada polos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Zas, Provincia de A Coruña. Esperamos que vos guste!

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-mellor-sopa-do-mundo-do-ceip-labartapose

Nota informativa.

Queridas familias:

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA, que nos trouxo asador e asadoras para podermos merendar. Os tizóns quedan para a próxima ;)

https://youtu.be/4-xekZUYBok

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA pola súa colaboración. Que aínda que non houbo tizóns, houbo asador e asadoras!!!!

SAMAÍN 2019

No colexio de Abanqueiro pecháronse portas e fiestras para recibir con anticipo ao Samaín.

Grazas á rapazada de 6º polo conxuro, ao equipo de DL pola decoración e á ANPA pola merendola, polo tempo... por todo!

VISITA A COTTOLENGO E CIDADE DA CULTURA

O venres, 10 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, foi a Santiago de compostela e visitaron o Centro social Cottolengo de acollida e atención a persoas enfermas. Despois desta visita, foron á Cidade da Cultura onde viron a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia"

A continuación, para ver as fotos da viaxe, premede no seguinte enlace: 

IMAXES VISITA

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Neste enlace deixámosvos unha pequena mostra da nosa conmemoración do Día das Letras Galegas. 

Houbo obradoiros de instrumentos musicais, de temática do autor homenaxeado, Antón Fraguas Fraguas,  de encadernado de libros e realización de pulseiras ofertado pola asociación ÁMBAR, a quen agradecemos a sús visita.

Por outra banda, tamén agradecemos a colaboración de todas as famlias aportando alimentos e a participación no folión dos que puideron asistir.

A todos: MOITAS GRAZAS por este día.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Héctor Kajaraville, autor de Kusuma, un libro que o alumnado de 5º e 6º leu e traballou durante o sengundo trimestre. 

Ademais, Brais Moure, amenizounos o día coas súas máxicas historias e coa súa Ciclobiblioteca.

E para rematar, o alumnado de 5º e 6º leu contos ao resto dos compañeiros.

VISITA A CLESA

O noso alumnado visitou a fábrica de Clesa. Nada máis chegar, estaban esperándonos Polo Correo do Vento, que nos explicaron o funcionamento da fábrica e cos que fixemos un debuxo dunha vaca. 

 

Distribuir contido