Os bombeiros: traballando as árbores en 5 anos.

O alumnado de Infantil está a traballar diferentes unidades didácticas tomando como tema central as árbores, e sobre todo as árbores do noso entorno.

É importante coidar a nosa natureza e a vexetación que nos rodea, e para iso, entre outros, están os bombeiros, que interveñen cada vez que hai un lume.

Na aula de 5 anos de Infantil, teñen un recuncho onde ver diferentes ferramentas e utensilios que utilizan os bombeiros no seu traballo:

Celebramos o Nadal 2013

Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias.

Algunhas imaxes:

Magosto 2013

Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes.

E non puideron faltar as castañas asadas.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Samaín e Halloween 2013

A semana do 28 de outubro celebramos Samaín e Halloween. O alumnado trouxo as súas cabazas decoradas ao colexio, e o 30 de outubro foi o momento de vir disfrazados para a ocasión: monstruos, meigas, e todo tipo de personaxes relacionados con Samaín e Hallowwen.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Dispoñibles as imaxes de Inmersión Lingüística en Cuenca 2013

Xa podes ver as imaxes do viaxe que fixo o alumnado de Inmersión Lingüística ao campamento de Cuenta.

Imaxes na Galería

Galería de Imaxes

  

A través da ligazón "Galería" (parte superior dereita) poderás acceder as imaxes das actividades que estamos a realizar.

Celebramos o Magosto 2013.

Este ano celebraremos o Magosto por todo o alto. Haberá xogos populares y diferentes actividades, e por suposto, non pode faltar a degustación de castañas asadas.


O horario será de 9:00 a 13:30 horas, habendo clase só pola mañá. O comedor terá o horario de 13:30 a 15:30 horas. Lembarmos que non hai servizo de autobús ao rematar o comedor, polo que terá que ir a recoller ao neno/a.

Inmersión Lingüística 2013: Abanqueiro students rapping.

Abanqueiro students rapping "The Earth Song" at YMCA Priego Camp.

Segue as actividades de Inmersión Lingüística en Cuenca

Se queres seguir as actividades que está realizando estes días o alumnado de Inmersión Lingüística, podes facelo mediante estas instruccións:

1.- Accede a www.zonafamiliasymca.es

2.- Introduce o "usuario" e "contrasinal" que che enviamos ao móbil.

3.- Cando se inicie a sesión pulsa en "Resúmenes diarios"

4.- Pulsa sobre o calendario que indica a data.

Proxecto de Inmersión Lingüística do alumnado de Abanqueiro.

O alumnado de Primaria foi premiado, un ano máis, polo Ministerio de Educación para participar no proxecto de Inmersión Lingüística. O terceiro ciclo de Primaria irá a un campamento onde compartiran actividades e experiencias con outro alumnado dun colexio de Cádiz, todo isto co inglés como lingua vehicular.

Na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/10/09/ninos-colegio-abanqueiro-dominan-idioma-shakespeare/0003_201310B9C2991.htm?idioma=galego

Iniciamos as aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Dentro do noso interese polo uso das TICs como unha ferramenta máis na aula, este curso 2013-2014, iniciamos un proxecto de aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Cabe recordar, que tódalas aulas contan con ordenadores e pouco a pouco estamos equipándoas con encerados dixitais (neste momento contan con encerados a aula de 1º, 2º de Primaria e Inglés).

O CEIP Plurilingüe Abanqueiro inicia un novo sistema de comunicación coas familias.

Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. 

Empezamos con gañas renovadas e con novas ideas. Queremos, máis ca nunca estar en contacto coas familias e que a comunicación familia-escola sexa o máis efectiva posible. É por iso, que neste novo curso 2013-2014, dende o CEIP Plurilingüe Abanqueiro, iniciamos un novo sistema de comunicación coas familias.

Entrevista a Susana por Noemí - Maio Cultural.

Noemí de 4º de Primaria entrevistou á súa amiga Susana.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


6:32 minutes (2.99 MB)

Entrevista a Joaquina por Nerea - Maio Cultural.

Nerea de 6º de Primaria entrevistou á mestra de 2º de Primaria: Joaquina.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


3:47 minutes (3.47 MB)

Entrevista a Irene por Iker - Maio Cultural.

Iker de 6º de Primaria entrevistou á conserxe do Colexio: Irene.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


2:16 minutes (2.07 MB)
Distribuir contido