DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O SON DO AR

Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - HIMNO GALEGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - DANZA DE PAOS

Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O PRIMEIRO VALSE

Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse".


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - A PRINCESA DO CAUREL

O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel".

EDUCACIÓN VIAL

O venres, o noso alumnado recorreu nas bicis as rúas de Boiro, xunto con outro alumnado do Concello.

DÍA DO LIBRO 2018

O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. 

Unha visita polo Concello con Baia

O alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria, asistiron onte ao estreno literario do libro Unha visita polo Concello con Baia. Esta actividade organizouna o Concello de Boiro para todos os colexios do Concello.

II CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO ECOLÓXICO

Na tarde de onte, día 8 de marzo, celebrouse a entrega de premios aos gañadores do II Concurso Infantil de Debuxo Ecolóxico na Casa da Cultura de Boiro. Os premiados do noso colexio foron Sara Tubío Riveiro de 2º E.P. e Paula Toucedo Rodríguez de 3º E.P.

Parabéns ás dúas gañadoras!!

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA

Onte conmemoramos no noso centro o día da muller traballadora xunto coa semana da prensa, con tal motivo, a TVG fíxonos unha reportaxe que enlazamos a continuación por se alguén non o puido ver en directo.

MATRÍCULA CURSO 2018-2019.

Informamos que está aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 para o alumnado que se matricula por primeira vez ou para os que cambian de centro. 

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo.

A solicitude da matrícula pódese recoller na conserxería do colexio ou cubrila online na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado e entregala posteriormente na secretaría do centro educativo.

ENTERRO DA CEBOLIÑA 2018

O enterro da Ceboliña é unha tradición do noso colexio. Os encargados de levar a dona Ceboliña e de ler o seu testamento foron os nenos e nenas de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

ENTROIDO 2018

Esta semana foi moi divertida. Cada día puxémonos algo diferente, seguindo as comandas do Entroido. O venres, vestidos con traxes hindús, alemáns, arxentinos, mexicanos, tanzanios, portugueses e maorís, fixemos un desfile, unha desgustación de alimentos típicos do Entroido e uns bailes típicos dos países ao que cada clase representou. Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes de toda a semana.

TRADICIONAL DESFILE DE ENTROIDO 2018

Como xa é tradición, alumnos e mestres desfilaron mostrando os seus disfraces.

INDIA Infantil 3 anos

Seguindo co proxecto da biblioteca que se está a traballar ao longo do curso, o alumnado representou os bailes típicos de cadanseus países.

Os alumnos e alumnas de 3 anos representaron un baile típico da India.

Distribuir contido