Saltar navegación

Traballar co Asistente

Traballar co Asistente

Imos comezar a explorar as posibilidades dunha presentación feita co Asistente.

1. Se optamos por seleccionar Desde modelo, veremos que aparecen na parte inferior un cadro de lista despregable e un cadro no que se mostran os diferentes modelos dispoñibles. Se facemos clic sobre a frecha do cadro de lista despregable aparecen dúas opcións: Presentacións e Fondos de presentación.

2. No paso número dous, teremos que seleccionar un estilo de diapositiva e un medio de presentación.

3. Na seguinte pantalla, móstrase o terceiro paso do Asistente.

4. No paso 4, teremos que especificar o nome do autor ou autora, o tema da presentación e a descrición das ideas básicas que se van abordar.

5. Xa por último, se eliximos a opción Crear desde modelo, aparecerá unha pantalla onde podemos ver a lista de páxinas. Deixaremos as opcións como están e xa só nos queda premer en Crear.