Saltar navegación

Gardar

Neste momento, xa convén gardar a presentación para non correr o risco de perdela. Para gardala, seguiremos o mesmo proceso que para outras aplicacións. Farémolo, ben premendo sobre a icona Gardar ou ben empregando o menú Ficheiro, opción Gardar.

A presentación será gardada en formato estándar ODP, pertencente ao conxunto de formatos ODF. Lembra que hai varias aplicacións que soportan este estándar internacional.

gardar

Tamén podes exportar a presentación a outros moitos formatos como, por exemplo, PDF.

Para isto, é preciso premer na icona Exportar como PDF ou ir ao menú Ficheiro, opción Exportar como PDF.

pdf