É posible que nun momento dado, desexemos modificar a orde das dispositivas. Se é así, abondará con ir ao Panel de diapositivas e alí faremos clic co botón esquerdo do rato sobre a diapositiva que se queira mover e, sen soltar o botón, arrástrase até onde se desexe.
Tamén poderemos realizar esta operación desde os modos Esquema e Clasificador de Diapositivas.
Se non nos convence unha determinada diapositiva e desexamos eliminala, podemos facelo seleccionándoa no Panel de diapositivas ou no modo Clasificador de Diapositivas, abondará con premer o botón Suprimir (Supr) do noso teclado.
Mover ou eliminar unha diapositiva
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0