Saltar navegación

Posibilidades de Slideshare

SlideShare (traducido significa Comparte Diapositiva) é o sitio de Internet máis empregado para compartir presentacións. A través de SlideShare podes difundir as túas presentacións aproveitando ademais todas as posibles sinerxías que ofrecen as redes sociais.

Para compartir a túa presentación, debes:

  • Editar o teu perfil.
  • Subir a túa presentación, sexa para ser publicada (opción 'publicly') ou non ('privately').
  • Clasificala coas oportunas etiquetas identificadoras ou 'tags'.
  • Inserir unha descrición, elixir a categoría e verificar se queres que se poida baixar ('Allow viewers to download file').

Tras publicala, podes difundila de diversos xeitos. Atopa grupos de interese e subscríbete a eles! En SlideShare existen centos de presentacións que podemos consultar e descargar se nos resultan interesantes.

 

 

slideshare