Saltar navegación

Iniciar o Impress

hegou o momento de comezar a traballar co Impress.

Ao abrir o Impress aparece a ventá do Asistente de presentacións. O asistente representa unha guía paso a paso a través dos diferentes elementos de configuración.

Ao inicialo, poderemos:

    • Abrir unha presentación baleira. Neste caso, partimos de cero, é dicir, dános unha liberdade total para crear as nosas presentacións.

    • Partir dun modelo que sirva de base para a presentación. Este modelo pode ser da propia aplicación ou un creado previamente por nós.

  • Abrir unha presentación xa existente. Esta é a opción para modificar unha presentación xa feita.
Impress_0
 bombillaSe queremos prescindir do Asistente, podemos marcar a opción na esquina inferior dereita (Non mostrar este asistente de novo).

Para que volva aparecer prememos sobre o menú Ferramentas e seleccionamos Opcións, despois escollemos Impress e, dentro desta sección, Xeral. Aquí activamos o cadro Iniciar co Asistente.