Saltar navegación

Os modelos

Á hora de crear unha presentación mediante o asistente, xa vimos que existe a posibilidade de seleccionar unha presentación a partir dun modelo.

Se prescindimos do Asistente, podemos elixir o modelo no Panel de tarefas. Alí, premeremos en Páxinas principais, onde temos a posibilidade de elixir entre as usadas recentemente e todas as dispoñibles.

modelo

Elixe o modelo que máis se adapte ao teu obxectivo e comproba como muda a Diapositiva 1. Se desexas engadir unha nova diapositiva con ese modelo, só necesitas ir ao Panel de Diapositivas e clicar co botón dereito do rato sobre a primeira diapositiva para entón elixir Nova diapositiva.

lampadaDebemos ter en conta criterios de lexibilidade á hora de escoller un modelo. É máis lexible unha presentacións con fondo escuro e letras en claro se a imos presentar durante o dia ou en estancias iluminadas. É moi importante empregar cores con suficiente contraste!