Saltar navegación

Que é o IMPRESS?

Impress pode ser unha axuda de gran valor no ensino. Con ela poderemos elaborar presentacións que fagan moito máis atractivo e comprensible o contido que queremos transmitir.

Antes de comezar a traballar coas súas posibilidades, imos introducir brevemente o contexto en que se desenvolve esta aplicación.

Impress é a aplicación integrada no paquete de ofimática de código aberto OpenOffice.org que nos permite elaborar presentacións.

OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, unha folla de cálculo, un editor de presentacións, unha base de datos, un programa de debuxo vectorial e outras ferramentas.

Ao ser Software Libre, calquera persoa pode utilizalo libremente e para calquera cometido sen necesidade de pagar licenzas.

openoffice

 

bombilla Recentemente, o proxecto OpenOffice.org derivou noutro proxecto, libre e aberto, nomeado LibreOffice que xa dispón da súa versión en galego. LibreOffice, bifurcación do proxecto OOo, mantén o rigoroso cumprimento do formato estándar ODF para documentos ofimáticos que é libre e independente de calquera organismo. É dicir, a importancia dos nosos documentos radica no contido e non no formato do ficheiro.
libreofice