Saltar navegación

Por que Impress?

Por que traballamos con Impress?

Existen varias razóns que non deixan lugar á dúbida:

    • Pode obterse de balde de xeito completamente legal
    • Existen versións para diversos sistemas operativos, polo que poderemos empregalo, independentemente do sistema que teñamos no noso equipo (existe versión de paquete para GNU/Linux, Mac e Windows).
    • Usa un formato de ficheiro estándar: o formato OpenDocument. Isto garante a nosa independencia fronte a calquera outro interese.
    • Ademais do Impress, o paquete de OpenOffice.org ou de Libreoffice ofrece outros módulos que permiten desenvolver todas as tarefas ofimáticas que usualmente executamos nun computador. Estes compoñentes son:
Writer (procesador de texto)
Calc (folla de cálculo)
Draw (deseño gráfico)
Math (editor de fórmulas matemáticas)
Base (base de datos)
Un editor visual de páxinas web
Un gravador de macros
Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash
formato aberto