Saltar navegación

Boas prácticas

Existen certas claves que nos poden permitir deseñar e expoñer co máximo aproveitamento unha presentación. Imos deixar unhas recomendacións xerais:

  • A principal clave é que sexa SIMPLE, coa información ben estruturada e sen medo aos espazos baleiros.
  • Utiliza un bo contraste entre o fondo das súas páxinas e o texto. Emprega texto claro sobre fondo escuro, sobre todo se se presenta en estancias iluminadas, ou fondo branco e texto negro.
  • Usa deseños limpos, sen excesos. Evita utilizar fondos de páxina con texturas, xa que dificultan moito a lectura.
  • Resalta as palabras importantes.
  • Emprega imaxes, son unha fonte de comunicación rápida e poderosa.
  • Aplica o sentido común no uso das transicións e animacións, sen excederse. Todos os excesos fan que a persoa disperse a atención.
  • De ser posible, presenta unha idea por diapositiva.
  • Na exposición, non leas as diapositivas, a ser posible non uses texto ou canto menos texto mellor.