O Impress é un programa idóneo para elaborar presentacións. Permítenos:
- Facer unha presentación na pantalla con efectos especiais, animacións e son.
- Realizar presentacións en diapositivas.
- Imprimir transparencias en papel.
Neste curso, iremos descubrindo todas as súas potencialidades que inclúen:
A utilización de gran cantidade de efectos de transición entre diapositivas.
A posibilidade de incluír notas persoais nas diapositivas que só veremos nós na presentación.
A utilización e inserción de gráficas, imaxes, vídeo e son.
A posibilidade de decidir a orde, o modo e a velocidade en que visualiza a presentación.
A axuda do Asistente de diapositivas.