Saltar navegación

O contorno de traballo

Unha vez que finalizamos o proceso de creación co asistente, aparecerá a ventá principal de Impress, na cal comezaremos a crear a nosa presentación con texto, imaxes... Se non temos activado o asistente esta será a ventá que veremos ao iniciar Impress:

 

contorno_marcado

 

Imos velas con detalle máis polo miúdo.

No Menú principal atopamos as opcións principais habituais: Ficheiro, Ver, Inserir, Formato, Axuda entre outras.

Na Barra de ferramentas aparecen os accesos en forma de iconas para algunhas das opcións máis habituais. Son "atallos" que podemos engadir ou suprimir en función do que precisamos.

O Panel de diapositivas, á esquerda, mostra a modo de índice todas as diapositivas que compoñen a presentación.

No Panel de tarefas, á dereita, eliximos o deseño da presentación. Dispón de modelos e deseños de páxinas, ademais de transicións e animacións xa preparadas para aplicar. Tamén permite inserir táboas predeseñadas.

Na Zona de traballo, central, estará a diapositiva seleccionada coa que traballamos no momento.

Os Modos de traballo, as lapelas sobre a Zona de traballo, permiten realizar diferentes accións coas nosas diapositivas:

  • O modo Normal permite crear e editar diapositivas.
  • No modo Esquema pódense reordenar as diapositivas e editar os títulos ou encabezamentos.
  • A vista Notas está pensada para engadir anotacións que nos sirvan de guía persoal para as nosas presentacións.
  • A opción Folleto permite dispor as diapositivas nunha soa vista.
  • O Clasificador de diapositivas é outra versión do Panel de diapositivas para reorganizalas.

 

bombilla O contorno de traballo do Impress é moi claro e intuitivo. Comparte moitos obxectos e funcionalidades nas súas barras de ferramentas coas existentes noutras aplicacións tales como o procesador de texto Writer ou o de debuxo Draw.