Gallego

G2302042 - Cultura financeira para profesorado de secundaria

Summary: 

Este curso ofrece formación sobre aspectos que constitúen os obxectivos da nova materia optativa Cultura financeira, de acordo coa Orde do 9 de agosto de 2023 pola que se establece o seu currículo.
Será impartido por persoal da Axencia Tributaria de Galicia, así como do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, a CNMV e o Banco de España, como promotores do Plan de Educación Financeira.
Gallego

OBXECTIVOS

  • Favorecer a xestión das finanzas persoais do alumnado e potenciar así o seu desenvolvemento na nosa sociedade.
  • Analizar o Marco Europeo de Competencias Financeiras para a Mocidade afondando en temas como: o consumo e o endebedamento responsable, o diñeiro, a planificación financeira, os produtos financeiros e a prevención contra a fraude.
  • Estudar o impacto que o sistema fiscal ten na vida cotiá do alumnado: ingresos e gastos públicos.

 

 

CONTIDOS

  • Enfoques docentes sobre Cultura Financeira I: O Marco Europeo de Competencias Financeiras para a Mocidade e o papel das institucións financeiras en España e a Unión Europea.
  • Enfoques docentes sobre Cultura Financeira II: o diñeiro e as súas transaccións, o aforro, a planificación financeira e o orzamento.
  • Enfoques docentes sobre Cultura Financeira III: o consumo e o endebedamento responsable, os principais produtos financeiros e a prevención contra a fraude.
  • Enfoques docentes sobre educación cívico- tributaria: O impacto do sistema fiscal na vida cotiá; o protagonismo deste sistema no sostemento dos gastos públicos fundamentais a través do orzamento.

 

FORMATO E DATAS

A actividade desenvolverase en catro sesións presencias (Cisco Webex) de 3 horas cada unha.

  • Sesión 1: 22 de febreiro
  • Sesión 2: 29 de febreiro
  • Sesión 3: 7 de marzo
  • Sesión 4: 14  de marzo

 

INSCRICIÓNS

  • En FPROFE: código G2302042.
G2302042 - Cultura financiera para profesorado de secundaria
G2302042 - Cultura financiera para profesorado de secundaria

L2301003 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación secundaria

Summary: 

20 horas de formación entre febreiro e marzo
Ata seis relatores distintos pasarán polo CFR Lugo
Gallego

Seguimos mostrándovos as primeiras actividades que desenvolveremos no 2024. Hoxe é o turno de L2301003 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación secundaria. Un curso que ofrece un novo prisma de oportunidades ao noso profesorado e que contará cos seguintes relatores: Lara Crespo (formadora e consultora educativa), Pablo J. Díaz Tenza (mestre e escritor, autor do libro: “Situaciones del aprendizaje”), Laura Calaza (IES Moncho Valcarce), Iván Gómez (CFR Ourense), Sonia González (IES Muralla Romana) e Miguel Martínez (CEIP Albeiros). A actividade, que aínda mantén o prazo de inscrición aberto, desenvolverase no CFR Lugo entre os meses de febreiro e marzo. Terá unha duración dun total de 20 horas.

 

Datas

7 e 20 de febreiro de 17:00 horas a 19.30 horas; 22 e 29 de febreiro de 16:00 horas a 20:00 horas; 7 de marzo de 16:00 horas a 20:00 horas e 14 de marzo de 17:00 horas a 20:00 horas.

 

Obxectivos

1. Identificar as fases de implementación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) para elaborar situacións de aprendizaxe.

2. Adquirir técnicas, dinámicas e estruturas para levar a cabo as situacións de aprendizaxe.

3. Formular propostas de avaliación na implementación da metodoloxía activa de aprendizaxe.

 

Contidos

1. Elementos que compoñen a situación de aprendizaxe.

2. Deseño da situación de aprendizaxe e como se implementa na metodoloxía escollida (ex. ABP).

3. Relación da estratexia metodolóxica seleccionada e das situacións de aprendizaxe creadas cos elementos curriculares.

secundaria

L2301022 - Introdución aos Espazos Virtuais de Aprendizaxe

Summary: 

20 horas (5 delas non presenciais) entre xaneiro e febreiro
Carmen Casás será a mestra de cerimonias
Gallego

As actividades TIC volverán ser protagonistas neste 2024. Hoxe presentámosvos a primeira do ano L2301022 - Introdución aos Espazos Virtuais de Aprendizaxe. 20 horas de formación (5 delas non presenciais) no CFR Lugo entre o 22 de xaneiro e o 26 de febreiro. As sesións celebraranse en luns entre as 17:00 horas e as 20:00 horas. A profesora Carmen Casás será a mestra de cerimonias dunha actividade na que afondaremos no Moodle e no E-Dixgal. O prazo de inscrición aínda se atopa aberto!

 

Obxectivos

1. Utilizar de forma guiada as distintas plataformas de participación e coordinación docentes establecidas pola AE ou as persoas titulares do centro.

2. Reflexionar de forma individual ou colectiva, sobre aspectos técnicos ou metodolóxicos concretos da súa práctica docente dixital que considerase relevantes.

3. Coñecer as vantaxes e os problemas asociados ao uso das plataformas de comunicación, colaboración e participación.

 

Contidos

1. Espazos Virtuais de Aprendizaxe: Moodle e E-Dixgal.

2. Creación e organización de cursos e actividades.

3. Xestión de cursos e actividades: matriculación de alumnado, creación de grupos.

4. Incorporación de contidos e recursos.

5. Vantaxes e problemas das plataformas de comunicación, colaboración e participación.

6.Creación de contornas dixitais seguras e saudables.

 

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.1.A.2.2. Emprega, co asesoramento doutros e doutras docentes e garantindo a accesibilidade, as tecnoloxías dixitais establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro nun contexto real de comunicación no ámbito educativo.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.2.A.2.1. Utiliza, de forma guiada, as distintas plataformas de participación e coordinación docentes establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.1. Contextualiza e cumpre as medidas establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro para a protección dos datos persoais, a privacidade e a garantía de dereitos dixitais de toda a comunidade educativa co asesoramento doutros e doutras docentes do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.2. Recoñece os riscos e ameazas da actividade dixital e cumpre as medidas de seguridade e prevención establecidas polo centro educativo, establecidas no plan dixital de centro, co apoio das persoas responsables do centro.

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - A2 - 1.5.A.2.3. Identifica os riscos e ameazas para a saúde física e psicolóxica do alumnado asociada ao uso das tecnoloxías dixitais e cumpre coas pautas establecidas polo centro para a creación dun contorno saudable.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.2. Coñece o funcionamento e utiliza os repositorios de contidos institucionais e os empregados polo centro educativo.

Competencia dixital docente - 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado - A2 - 6.2.A.2.2. Coñece as vantaxes e os problemas asociados ao uso das plataformas de comunicación, colaboración e participación e aborda ambos os aspectos, con axuda, en actividades de sensibilización do seu alumnado.

virtuais

L2301002 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación primaria

Summary: 

20 horas de duración entre febreiro e marzo.
O prazo de inscrición atópase aberto
Gallego

Aínda que asomen as vacacións de Nadal, no CFR Lugo queremos comezar forte o 2024. Por iso, hoxe vos traemos a actividade L2301002 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación primaria. Un curso que ofrece un amplo abano de oportunidades ao noso profesorado e que contará con relatores de excepción, como son: Paula Dopico (EOE A Coruña), Pablo J. Díaz Tenza (mestre e escritor, autor do libro: “Situaciones del aprendizaje”), Laura Calaza (IES Moncho Valcarce), Iván Gómez (CFR Ourense), Salvador Cidrás e Vicente Blanco (USC. Facultade de Formación do Profesorado, autores del libro “Educar a través del arte”). A actividade, que aínda mantén o prazo de inscrición aberto, desenvolverase no CFR Lugo entre os meses de febreiro e marzo. Terá unha duración dun total de 20 horas.

 

Datas

7 e 15 de febreiro de 17.00 a 19.30 horas. 21, 28 de febreiro e 6 de marzo de 16.00 a 20.00 horas. 7 de marzo de 17.00 a 20.00 horas.

 

Obxectivos

1 .Identificar as fases de implementación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) para elaborar situacións de aprendizaxe.

2. Adquirir técnicas, dinámicas e estruturas para levar a cabo as situacións de aprendizaxe.

3. Formular propostas de avaliación na implementación da metodoloxía activa de aprendizaxe.

 

Contidos

1. Elementos que compoñen a situación de aprendizaxe .

2. Deseño da situacións de aprendizaxe e introdución na metodoloxía escollida (ex. ABP).

3. Relación da estratexia metodolóxica seleccionada e da situación de aprendizaxe creada cos elementos curriculares.

4. A integración da avaliación na situación de aprendizaxe elaborada.

paisaxes

G2302012 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores

Summary: 

Itinerario de Innovación
Gallego

OBXECTIVOS: 

  1. Crear un espazo de intercambio e construír unha comunidade de centros a prol da innovación.
  2. Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.
  3. Promover a creación dos equipos de innovación.

CONTIDOS: 

  1. Innovación educativa. Claves para a transformación.
  2. Creando comunidade. Boas prácticas innovadoras nos nosos centros.
  3. Programas e convocatorias de apoio á innovación.
  4. Folla de ruta para a innovación de centro.

DATA DE REALIZACIÓN:

  • Sábado, 9 de marzo do 2024.

LUGAR DE REALIZACIÓN: 

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

 

imaxe

G2301131 - Actualización para desenvolver a función directiva

Summary: 

- Datas de realización: do 11 de decembro de 2023 ao 18 de marzo de 2024. - Aberta a inscrición en Fprofe ata o 3 de decembro.
Gallego

OBXECTIVOS: 

1.Actualizar as competencias específicas para o desenvolvemento da función directiva ás que fai referencia o artigo 134.1.c) e desenvoltas a través do Real Decreto 894/2014.

2.Actualizar os coñecementos dos aspectos normativos, organizativos e de xestión dos centros educativos así como adquirir as habilidades persoais, sociais, relacionais e de liderado precisas para o desempeño eficaz da función directiva.

3.Renovar as ferramentas así como a visión de conxunto precisa sobre o sistema educativo para a elaboración dun proxecto de dirección para un centro educativo.

CONTIDOS: 

1.Actualización sobre o marco normativo aplicable aos centros docentes.

2.Xestión das propostas institucionais.

3.Xestión eficiente e eficaz dos recursos do centro docente.

4.Factores clave para unha dirección eficaz.

5.Rendición de contas e calidade educativa.

6.Módulo específico de Galicia.

7.O proxecto de dirección.

8.Accións de identidade desde a Administración educativa de Galicia.

IMAXE

L2301017 - Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa

Summary: 

20 horas presenciais no CFR Lugo.
Margarita Saborido e María Serramito serán as relatoras desta actividade
Gallego

No segundo trimestre teremos unha nova actividade TIC no CFR Lugo. L2301017 - Ferramentas corporativas orientadas á xestión organizativa pretende axudar ao profesorado a organizarse cos recursos institucionais dos que dispón. 20 horas presenciais que darán comezo o 25 de xaneiro e finalizarán o 29 de febreiro. Os xoves tes unha cita na nosa casa de 16:30 a 20:00 horas (dúas sesións finalizarán ás 19:30 horas). Margarita Saborido e María Serramito serán as relatoras desta actividade para a que aínda está aberto o prazo de inscrición.

 

Obxectivos

1. Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.

2. Empregar a aplicación XADE para a avaliación e o control de asistencia do alumnado.

3. Xestionar a comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

 

Contidos

1. O novo currículo galego e a programación didáctica.

2. A elaboración da programación didáctica na aplicación Proens.

3. Acceso a XADE e proceso de avaliación do alumnado.

4. Introdución das faltas de asistencia en XADE.

5. Obtención de informes estándar e personalizados en XADE.

6. Comunicación coas familias a través das ferramentas espazo abalar, abalarMóbil e abalarPro.

corporativas

L2301012 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2

Summary: 

60 horas en modalidade semipresencial.
Do 1 de febreiro ao 16 de maio
Gallego

Un ano máis volvemos cos famosos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Lingua Inglesa. Desde o 1 de febreiro de 2024 ata o vindeiro 16 de maio do citado ano, a EOI de Lugo acollerá a actividade L2301012 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2. 60 horas de duración en modalidade semipresencial, coa profesora Ana María Corredoira. Aínda quedan prazas libres para esta actividade e a inscrición pecharase o vindeiro 30 de novembro.

 

Obxectivos

1. Comprender textos orais e escritos extensos, ben organizados e lingüisticamente complexos en lingua estándar, sobre temas de ámbito específico e facendo uso de estratexias comunicativas.

2. Producir con corrección textos orais e escritos de extensión variada, ben estruturados e con precisión e fluidez sobre unha ampla serie de temas e adecuados ao contexto.

3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

 

Observacións

Esta formación levarase a cabo de maneira semipresencial. As clases presenciais serán os xoves de 18:00 horas a 20:00 horas.

 

Contidos

1. Expresións de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, así como riqueza léxica.

2. Intercambio de información en conversas con fluidez, eficacia e espontaneidade, en diferentes ámbitos de interacción social, destacando as ideas principais e defendendo opinións e puntos de vista con claridade.

3. Contidos (léxicos, discursivos, funcionais e situacionais) que reflicten os ámbitos e situacións comunicativas propias do contexto das áreas obxecto de estudo.

4. Priorización das tarefas vinculadas co eido educativo.

5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.

6. Utilización das TIC.

calc

L2301014 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

Summary: 

60 horas en modalidade semipresencial.
Do 1 de febreiro ao 16 de maio
Gallego

Un ano máis volvemos cos famosos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Lingua Inglesa. Desde o 1 de febreiro de 2024 ata o vindeiro 16 de maio do citado ano, a EOI de Lugo acollerá a actividade L2301014 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1. 60 horas de duración en modalidade semipresencial, coa profesora María del Rosario Carrecedo. Aínda quedan prazas libres para esta actividade e a inscrición pecharase o vindeiro 30 de novembro.

 

Obxectivos

1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.

2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.

3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións e aspectos socioculturais e léxico.

 

Observacións

Esta formación levarase a cabo de maneira semipresencial. As clases presenciais serán os xoves de 18:00 horas a 20:00 horas.

 

Contidos

1. A comunicación: idiomas e sociedade.

2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...

3. As relacións sociais, académicas e profesionais.

4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.

5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.

6. Utilización das TIC.

calc

G2302009 Investiga. Docentes con pensamento crítico

Summary: 

Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial básico e desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.
Gallego

CONTEXTO

Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. O itinerario nace da concepción dos/das docentes como profesionais competentes que toman decisións informadas e, coa debida formación, poden levar a cabo as súas propias investigacións para recoller evidencias, analizar datos e sistematizar boas prácticas.

DESTINATARIOS E NIVEL

A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial BÁSICO:

4.3.1. Identifica de forma crítica temas relevantes na práctica educativa sobre os que realizar investigacións. 

4.3.4. Coñece e identifica os pasos do proceso de deseño dunha investigación educativa

OBXECTIVOS

Concienciar sobre a importancia da reflexión e o sentimento/pensamento crítico.

Identificar ciencia e pseudociencia educativa.

Valorar a investigación e o seu impacto social en termos de custo/beneficio.

CONTIDOS

Pensamento crítico en educación.

Ciencia e pseudociencia educativa.

Decisións informadas baseadas en estudos científicos.

FORMATO E DATAS

A actividade desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.

  • Sesión 1, presencial: 29 de novembro (Salón de actos, CIFP Compostela), Fátima Mª García Doval 

  • Sesión 2, vía Webex: 10 de xaneiro (online), Albert Reverter García

G2302009 Investiga. Docentes con pensamento crítico