Gallego

Corrección da listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

axudasle
Gallego

Publicada a listaxe definitiva corrixida de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).
Estas listaxes e as correspondentes indicacións para tramitar a documentación pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Colectivo: 

Sección: 

Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Programa PIALE 2023

piale
Gallego

Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 20 de maio de 2023, faise pública a Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2023. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/piale/. No caso de renuncias de persoas seleccionadas,  as vacantes seranlles ofertadas ás persoas suplentes por chamamento directo, de acordo coa relación publicada.

Acceso á aplicación

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

a
Gallego

Publicada a listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).

Estas listaxes e as correspondentes indicacións para tramitar a documentación pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024

sb
Gallego

Xúntase a Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024

  • Ábrese un prazo de reclamacións e alegacións de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe definitiva de centros non admitidos no programa PluriBach, para o curso 2023/2024

plb
Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de centros non admitidos para a incorporación ao programa PluriBach para o curso 2023-2024.

 

Ensinanza: 

Sección: 

Listaxe definitiva de centros admitidos no programa Plurinfantil para o curso 2023/2024

pli
Gallego

Xúntase a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2023-2024.

 

Ensinanza: 

Sección: 

Listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2023/2024

cpl
Gallego

Xúntanse a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.

 

Sección: 

Resolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas Programa PIALE 2023

Piale
Gallego

Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o 16 de xuño de 2023, incluído. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude. As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2023, código do procedemento ED305F, e premer en Accións , na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren. 

Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas. As listaxes están publicadas na aplicación PIALE.

Acceso á aplicación

Colectivo: 

Sección: 

Incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- para o curso 2023-2024

Gallego

Resolución do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Ensinanza: 

EduFrance: intercambio de alumnado de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia

edufrance
Gallego

Resolución do 29 de Maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Acadèmiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo http://www.edu.xunta.gal.

 

Acceso á aplicación

Colectivo: