Gallego

Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2023/24

s
Gallego

Achégase a Resolución do 8 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 9 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2023/2024  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Públicos 2023-24.

 

Colectivo: 

Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24

linguas
Gallego

Xúntase a Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24 (código de procedemento ED531D).

  • O prazo de presentación de solicitudes será 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Acceso a la aplicación

 

Colectivo: 

Resolución do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se constitúe, con carácter experimental, a Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2023/24

ef
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Centros “Escolas de Fronteira” e da a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2023/24.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

c
Gallego

Xúntase a Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/24 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Colectivo: 

Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024

e
Gallego

Achégase resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.

 

Sección: 

Resolución definitiva do programa EduMob para intercambios con centros da Région Académique Grand Est (Francia)

ed
Gallego

Achégase resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional do programa EduMob para intercambios con centros da Région Académique Grand Est (Francia)

edumob
Gallego

Achégase resolución provisional dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos para a realización de probas acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024

Gallego

Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, a partir do día seguinte da publicación, para que as persoas interesadas poidan efectuar alegacións contra a mesma ou presentar renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión de valoración.

 

Colectivo: 

EduMob, convocatoria e selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

edumob
Gallego

Achégase Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024

delf
l
Gallego

Información sobre as probas do DELF Escolar en Galicia curso 2023/2024.