MuseScore [1]
Enviado por portalcafi a Xov, 06/06/2013 - 18:10MuseScore [2] é un programa editor de partituras de uso libre con versións para Windows, Mac e Ubuntu. É bastante sinxelo o seu emprego, e a súa páxina oficial conta cun completo manual.
Se estamos aplicando as TIC nas nosas clases de música tarde ou cedo poremos aos nosos alumnos a escribir música no ordenador. Con MuseScore non temos ningunha excusa, é asequible e sinxelo. Ao ser un programa libre permítenos instalalo nos ordenadores da aula e ademáis os alumnos poden descargalo e instalalo nos seus ordenadores persoais podendo realizar traballos e partituras na casa. Por outra parte, é unha sorte que MuseScore esté en galego e en español xa que este aspecto facilita moito o uso do programa e as indicacións que vaiamos dando aos alumnos. Outros editores en inglés engaden a dificultade dun vocabulario moi específico como é o dos términos musicais.
Na páxina oficial do programa "musescore.org" [3] atopamos toda a información e os recursos necesarios para comezar a empregalo. Na zona de descarga [4] están as diferentes versións do programa: MuseScore para Windows, para Mac, etc.
MuseScore conta cun Manual [5] onde consultar as dubidas que loxicamente van xurdindo cando un se achega a un programa por primeira vez. Este manual divídese en varios apartados:
-
Inicio [6]: Con información sobre instalación e creación dunha nova partitura.
-
Básico [7]: Con información sobre ingresar notas, copiar e pegar, modo de edición, traballando con compases, paletas, desfacer, volver a facer e exportar.
-
Notación: [8] Con extensa información sobre como usar os signos da linguaxe musical: alteracións, barras de compás, chaves, etc.
-
Son e reprodución [9]: Con información sobre o modo de reprodución, o tempo e os axustes de son.
-
Ademáis dos aspectos sinalados anteriormente tamén contén información sobre: Atallos do teclado [10], Glosario [11], Imaxes [12], Texto [13], Formato [14], e Soporte [15].
Cada un destes apartados contén numeras ligazóns coas explicacións pertinentes. As instrucións están moi claras xa que aportan exemplos visuais [16] de cada un dos conceptos explicados que van acompañados, ademáis, por unha páxina especial para imprimir [17]. Na seguinte ligazón podes descargar o Manual completo en PDF [18].
Artigo escrito por Maria Jesús Camino (CC-by-sa)
Website:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI: