Título node Learning object

Cursos de nivel C1 de galego nas EE.OO.II.
Xov, 04/09/2014 - 13:55
Escola Oficial de Idiomas

No curso 2014-2015 vanse impartir por primeira vez, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C1 de galego.
Para poder acceder a eles é requisito indispensable posuír o certificado de nivel avanzado ou o certificado de aptitude das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
Estes cursos teñen unha duración de 120 horas e terán lugar nas seguintes EOI:
A Coruña (25 prazas)
Lugo (25 prazas)
Ourense (50 prazas)
Pontevedra (25 prazas)
Vigo (50 prazas)
Os horarios e os prazos de matrícula poden consultarse na páxina web ou nos taboleiros de cada unha das escolas:

O certificado do nivel C1 de galego é validable polo certificado de lingua galega 4 (Celga 4) da Secretaría Xeral de Política Lingüística.