Nivel 2 das ensinanzas básicas iniciais

Destinatarios

Persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Organización

Contidos relacionados coas necesidades e a realidade das persoas adultas, estruturados en tres ámbitos globalizados, en horarios flexibles: 16 períodos lectivos semanais.

Matrícula

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Centros

Estas ensinanzas poden seguirse en todos os centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados: IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES Fernando Blanco (Cee), IES de Melide, IES Campo de San Alberto (Noia), IES nº 1 de Ribeira, IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), IES Lauro Olmo (O Barco), IES de Ribadavia, IES García Barbón (Verín), IES de Rodeira (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES Ribeira do Louro (Porriño), IES Pintor Colmeiro (Silleda), IES Francisco Sánchez (Tui) e IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa).

Máis información