Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Publicado en Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > ea/n2

Nivel 2 das ensinanzas básicas iniciais [1]

Enviado por administrador a Lun, 07/11/2011 - 09:47
Gallego

[2]

Destinatarios

Persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Organización

Contidos relacionados coas necesidades e a realidade das persoas adultas, estruturados en tres ámbitos globalizados, en horarios flexibles: 16 períodos lectivos semanais.

Matrícula

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Centros

Estas ensinanzas poden seguirse en todos os centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados: IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES Fernando Blanco (Cee), IES de Melide, IES Campo de San Alberto (Noia), IES nº 1 de Ribeira, IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), IES Lauro Olmo (O Barco), IES de Ribadavia, IES García Barbón (Verín), IES de Rodeira (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES Ribeira do Louro (Porriño), IES Pintor Colmeiro (Silleda), IES Francisco Sánchez (Tui) e IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa).

Máis información [3]

Recursos [4]
Nivel 2 das ensinanzas básicas iniciais [5]
Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas [6]
Profesorado [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/n2

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/n2
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/ea
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/214/all
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/125
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/214
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/42
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado