Que estudar?

ea

As ensinanzas básicas iniciais de nivel I e II están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.

Matrícula

  • O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Centros

  • Estas ensinanzas poderán seguirse en todos os centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados: IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES Fernando Blanco (Cee), IES de Melide, IES Campo de San Alberto (Noia), IES nº 1 de Ribeira, IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES de Ribadeo, IES Lauro Olmo (O Barco), IES de Ribadavia, IES García Barbón (Verín), IES de Rodeira (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES Ribeira do Louro (Porriño), IES Pintor Colmeiro (Silleda), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa).

Nivel I: de alfabetización

Destinatarios

  • Todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.

Organización

  • Grupos reducidos, cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos, en horarios flexibles cunha dedicación semanal de 12 períodos lectivos.

Nivel II: consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais

Destinatarios

  • Persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Organización

  • Contidos relacionados coas necesidades e a realidade das persoas adultas, estruturados en tres ámbitos globalizados, en horarios flexibles: 16 períodos lectivos semanais.

ea

Destinatarios

  • Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

Organización

  • Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas de educación secundaria obrigatoria polo réxime ordinario (ESO).
  • Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.
  • Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico­-tecnolóxico).
  • A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente.

Matrícula

  • Modalidade presencial:
    • 1 –12 de setembro de 2016 para o primeiro cuadrimestre.
    • 9 –16 de xaneiro de 2017 para o segundo cuadrimestre.
  • Modalidade a distancia semipresencial e telemática:
    • 1 setembro de 2016 – 14 xaneiro de 2017 para o primeiro cuadrimestre.
    • 3 febreiro de 2017 – 15 de maio de 2017 para o segundo cuadrimestre.

Centros

  • Pode consultar a rede de centros de modalidade presencial nesta ligazón.
  • A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPA Albeiros (Lugo), EPA de Ourense, IES de Celanova, EPA Río Lérez (Pontevedra), EPA do Berbés (Vigo).
  • A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

Duración

  • As ensinanzas de Graduado en Educación Secundaria poderán realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos.
  • As persoas adultas poderán permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.

Certificación

  • Ao remate do módulo 4, expedirase o título de graduado en educación secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.
  • Cando non se rematen os estudos correspondentes á educación secundaria obrigatoria, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida.

O acceso a estas ensinanzas pode ser:

  • Por superación do nivel II das ensinanzas iniciais.
  • Mediante proba de avaliación inicial.
  • Por validación de estudos.

O título de graduado en educación secundaria dá acceso a:

  • Ciclos formativos de grao medio.
  • Bacharelato.
  • Mundo laboral.

Probas libres para obtención do título de graduado en educación secundaria

  • Aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de graduado en educación secundaria a través de probas libres.
  • Estas probas libres celébranse dúas veces ao ano e convócanse publicamente a través do DOG.

ea

Destinatarios

  • Estas ensinanzas están dirixidas, como norma xeral, a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso.
  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.

Organización

  • Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se deberán superar os 32 períodos lectivos semanais.
  • Pola modalidade semipresencial, esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).
  • A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas seguintes localidades: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Matrícula

  • Modalidade presencial: 1 –14 de setembro de 2016.
  • Modalidade a distancia semipresencial: 1 –14 de setembro de 2016.
  • Modalidade a distancia telemática: 15 de setembro ao 25 de novembro de 2016 (a dirección do IES San Clemente poderá autorizar a matrículación ata o 28 de abril de 2017 por razóns xustificadas).

Centros

  • Pode consultar a rede de centros de modalidade presencial nesta ligazón.
  • A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), IES de Cedeira, EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES As Telleiras (Narón), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Monte Castelo (Burela), IES de Foz, EPA Albeiros (Lugo), IES Río Cabe (Monforte), IES de Ribadeo, IES Lois Peña Novo (Vilalba), IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra), EPA do Berbés (Vigo) e IES Antón Losada Diéguez (A Estrada).
  • A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

Duración

  • O tempo máximo de permanencia para cursar estas ensinanzas pola modalidade presencial é de seis anos académicos. Se unha persoa esgota ese tempo sen acadar o título, poderá seguir cursando as materias pendentes na modalidade a distancia.

Certificación

  • Aos alumnos e alumnas que logren a avaliación positiva de todas as materias dun itinerario formativo expediráselles o título de bacharel na modalidade que se complete.
  • Cando non se rematen os estudos, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.

Para o acceso a estas ensinanzas requírese cumprir algunha destas condicións:

  • Posuír o título de graduado en educación secundaria.
  • Ter superados os estudos do primeiro ciclo do programa experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
  • Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou, como máximo, con dúas materias non superadas.
  • Ter superados os cursos comúns dos estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
  • Ter o título de técnico correspondente á formación profesional de grao medio.

O título de bacharel dá acceso a:

  • Ciclos formativos de grao superior.
  • Universidade.
  • Mundo laboral.

Probas libres para obtención do título de bacharel

  • Aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de bacharel a través de probas libres.
  • Estas probas libres celébranse unha vez ao ano e convócanse publicamente a través do DOG. Para unha maior difusión, a súa celebración anúnciase nos medios de comunicación.
  • Pode consultar maior información sobre estas probas na ligazón

ea

A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-practicos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.

Toda a información relativa a esta oferta polo réxime de persoas adultas, á rede de centros, aos períodos de matrículación, á documentación necesaria, ás saídas académicas e profesionais, etc. pode atopala nesta ligazón.

 

ea

Tema