Cara a unha dirección eficaz

 

 

                                                      

CONTIDO:

1. As Competencias Profesionais

2. As Dimensións da Dirección Educativa

 

1. As Competencias Profesionais

Nestes tempos a noción de “competencia” vén impoñéndose con forza no mundo laboral, onde a educación non queda á marxe. Aspírase a formar persoas profesionalmente competentes, onde o conxunto de aptitudes, actitudes e habilidades propias da persoa se sumen ás destrezas e coñecementos adquiridos coa formación e a experiencia laboral dando lugar a profesionais altamente eficaces e eficientes no desempeño do seu labor.

En cada posto de traballo a persoa que o ocupa, debe desempeñar funcións que requiran o dominio dunhas competencias profesionais que, en ocasións, non foron conseguidas coa formación inicial ou que, noutros casos, os procesos de cambio esixen unha actualización ou reciclaxe para que o desempeño de ditas funcións sexan realizadas o mellor posible e a consecución dos obxectivos institucionais non se vexan dificultados.

En relación ás competencias profesionais do modelo competencial da Rede de Formación deberemos ter en conta que no desempeño dun cargo de dirección nun centro educativo, temos que falar ademais de habilidades propias e adquiridas da persoa directora que favorecerán o correcto desempeño desta función laboral.

A) Habilidades e destrezas propias ou persoais (Eficacia persoal)

Entenderemos estas como un conxunto de actitudes, características, capacidades e comportamentos propios dunha persoa, que aínda podendo ser mellorados e traballados, dependen en maior medida da personalidade intrínseca da propia persoa que da aprendizaxe posterior.

Infografía 1 para descargar "12 Habilidades e destrezas da persoa directora"

Infografía 2 para descargar "Resumo. "12 habilidades e destrezas da persoa directora"

B) Habilidades e destrezas adquiridas (Eficacia profesional)

Entenderemos estas como un conxunto de aptitudes e coñecementos non innatos á nosa persoa e que dependen en gran medida da nosa formación estando en consonancia coas demandas do cargo a desempeñar.

Poderanse organizar en catro grandes bloques ou áreas:

Administrativa. Xestión económica e documental 

De Goberno. Dirección organizativa e de funcionamento, clima de convivencia e liderado

Académica. Dirección pedagóxica. Xestión curricular

Relacional. Relacións exteriores e representación

Infografía para descargar

 

2. As Dimensións na dirección educativa

Para a análise da práctica directiva nun centro educativo podemos diferenciar 4 áreas ou dimensións:

A) Xestión

A dirección debe ser competente na xestión de persoas, recursos, tecnoloxía e información. A xestión de hoxe está enfocada cara ao cambio, involucra persoas, apóianse nelas e ten en conta sentimentos, emocións e ideas que estas persoas poidan compartir.

B) Liderado

A persoa directora deberá ser capaz de liderar o equipo de traballo conseguindo aunar ao colectivo da comunidade educativa nunha misión común na que se apliquen e se impliquen, aprendendo de boas prácticas e contribuíndo na mellora continua.

C) Mediación

A figura da dirección deberá ser capaz de mediar en conflitos e proporcionar un clima de convivencia escolar axeitado

D) Formación

A persoa directora deberá ser capaz de promover a formación continua do profesorado do centro tendo en conta as necesidades e demandas da súa propia comunidade educativa

E) Proxección

A dirección debe ser competente para crear un plan e un proxecto cun obxectivo concreto e ademais ser capaz de darlle visibilidade fóra do propio centro educativo

F) Calidade

Permitirá avaliar a organización, impulsar unha mellora continua, fomentar a innovación e incitar ao cambio.

"O servizo educativo que se proporciona será de calidade sempre e cando as necesidades e expectativas dos usuarios queden satisfeitas" (Martínez e Riopérez, 2005)

Infografía para descargar

Aula virtual CAFI