Departamentos

Esta opción do menú permítevos acceder á toda a información dos distintos departamentos nos que se subdivide o CAFI.

Unha vez que premas no departamento verás a seguinte información:

  • Actividades. Neste apartado aparécenvos todos os cursos, xornadas... que se van celebrar nos vindeiros días e que teñen que ver co departamento no que estás.

  • Aula Virtual. Moi relacionado co anterior, cada curso, xornadas... terán unha Aula Virtual na que se porá ao dispor de todo o profesorado o material elaborado para impartir a citada actividade.

  • Recursos. Nesta sección iredes tendo ao voso dispor as últimas novidades no tocante a recursos educativos multimedia para utilizar nos vosos traballos e proxectos didácticos ou educativos

  • Novas. Este espazo está reservado para todas aquelas informacións salientables para a práctica docente pero sempre tomando como referencia o departamento no que estás inmerso.

No submenú que se abre debaixo de cada departamento atoparades como se articula este.

Aula virtual CAFI
Recursos
17/09/2014 | 10:46
18/03/2014 | 13:29
18/03/2014 | 13:16