Plan de Formación Permanente do Profesorado en centros públicos

PFAC

  • O prazo de preinscrición finaliza o 27 de setembro de 2019, inclusive.
  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de xuño e remata o 8 de outubro de 2019, inclusive.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.
 

Destinatarios

 
Poderán participar nesta convocatoria os centros educativos públicos dependentes da consellería que impartan as ensinazas reguladas na LOE.

Finalidade dos plans de formación

Os plans de formación terán como finalidade a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia.

As competencias profesionais docentes a que se refire este punto, xunto coas subcompetencias asociadas, figuran no anexo de competencias profesionais docentes.

Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación
 

Os plans de formación deberán desenvolver algunha das liñas de traballo propostas a continuación.
A liña de traballo prioritaria dos plans de formación, de acordo coas directrices desta dirección xeral, será a seguinte:
  • a) Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.

Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:

  • b) Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) e Tratamento Integrado das Linguas (TIL).
  • c) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  • d) Escola inclusiva e atención á diversidade.
  • e) Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias.
  • f) Actualización científica e didáctica do profesorado. Observación inter-pares e inter-centros.
  • g) Mellora da xestión dos centros.
  • h) Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  • i) Biblioteca escolar.
  • j) Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas).
  • k) A orientación vocacional e profesional.

Estas liñas de traballo estarán asociadas ao desenvolvemento de, como mínimo, as seguintes competencias e subcompetencias:

LIÑAS DE TRABALLO COMPETENCIAS SUBCOMPETENCIAS
  • a) Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

1. Programación, seguimento e avaliación.

2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC.

Especialista na súa materia. 21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.
  • b) Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) e Tratamento Integrado das Linguas (TIL). CLIL

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras.

23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais.

Membro dunha organización. 9. Cooperación, colaboración e construción conxunta do coñecemento.
  • c) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

Competente en TIC.

24. Software.

25. Dispositivos.

26. Ferramentas institucionais.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. 2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC.
  • d) Escola inclusiva e atención á diversidade.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

3. Acción titorial e atención á diversidade.

Investigador/a e innovador/a 16. Diagnóstico e avaliación da práctica docente.
  • e) Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables. Relacións coas familias.
Interlocutor/a e referente na comunidade educativa.

14. Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético.

15. Mediación, resolución de conflitos.

  • f) Actualización científica e didáctica do profesorado. Observación inter-pares e inter-centros.

Especialista na súa materia.

21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe. 2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC.
Membro dunha organización. 10. Cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento.
  • g) Mellora da xestión dos centros.
Membro dunha organización.

8. Xestión administrativa de centro e calidade.

9. Xestión da participación e implicación en proxectos comúns.

  • h) Internacionalización dos centros educativos.

Membro dunha organización.

10. Cooperación e colaboración, construción conxunta do coñecemento.

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras. 23. Destrezas comunicativas verbais e non verbais.
  • i) Biblioteca escolar.

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC.

4. Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Investigador/a e innovador/a. 17. Investigación formativa. TAC. Alfabetización mediática e informacional.
  • j) Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas).

Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe.

2. Didácticas específicas, metodoloxías e TAC.

Especialista na súa materia. 21. Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.
Investigador/a e innovador/a. 19. Realización e execución de propostas.
  • k) A orientación vocacional e profesional
Membro dunha organización. 5. Orientación pedagóxica, académica e profesional.

 

Características

  • 1. Os plans estarán integrados por unha ou máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.
  • 2. Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou de outras circunstancias que así o xustifiquen.
  • 3. Cada itinerario formativo constará de varias actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario), tendo en conta que en caso de que haxa algún curso, debe estar vinculado a un grupo de traballo ou seminario. No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.
  • 4. As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos. As ditas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • 5. Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • 6. Todos os Plans de Formación Permanente do Profesorado contarán cunha Escola de Nais e Pais e o apoio da rede de Formación ao respecto.

Requisitos dos plans

  • 1. Os plans deberán ser presentados ao claustro e ao consello escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
  • 2. Con carácter xeral contarán coa participación representativa do claustro do centro en función do seu número e da participación dos distintos niveis, no seu caso, salvo cando a relevancia formativa do proxecto presentado xustifique que non se cumpra este requisito.
  • 3. Cada centro poderá participar nun único plan de formación permanente do profesorado.
  • 4. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo plan conxunto. Neste caso, un dos centros actuará como representante e centro de referencia a efectos administrativos, e rexerán os mesmos requisitos que para os plans únicos de centro en canto á aprobación, e o plan executarase como unidade de acción.
  • 5. Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado nesta convocatoria poderá participar no seu plan de formación. Cada participante integrarase, como mínimo, nunha das liñas de traballo seleccionadas e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta deberá ser un grupo de traballo ou un seminario, salvo no caso de itinerarios correspondentes a programas educativos nos que especificamente se determine a posibilidade de participar en cursos concretos.
  • 6. Independentemente da liña ou liñas de traballo escollidas e das actividades que configuren cada itinerario formativo, todos os plans contarán cun módulo de formación específica en convivencia, inclusión e igualdade, que deberán realizar todas as persoas docentes que non acrediten a súa superación previa, para o cal contarán co apoio, asesoramento e acompañamento das persoas asesoras da rede de formación permanente do profesorado.
  • 7. De serlle concedido o plan a un centro, este non poderá, con carácter xeral, ser centro sede doutras actividades de formación en centros, recollidas na convocatoria xeral, durante o período que dure este, ou daquelas cuxa compatibilidade determine a consellería. Isto non exclúe a participación do profesorado como membros doutras actividades cando a sede sexa outro centro.
  • 8. Todos aqueles centros que participen en programas institucionais que así o establezan, contarán cunha liña específica con, cando menos, o itinerario prefixado para o dito plan.

Máis información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) As seguintes páxinas web:

- Consellería: www.edu.xunta.gal

- CAFI: www.edu.xunta.es/portal/cafi

- CFR:

A Coruña: www.edu.xunta.es/portal/cfrcoruna

Ferrol: www.edu.xunta.es/portal/cfrferrol

Lugo: www.edu.xunta.es/portal/cfrlugo

Ourense: www.edu.xunta.es/portal/cfrourense

Pontevedra: www.edu.xunta.es/portal/cfrpontevedra

Vigo: www.edu.xunta.es/portal/cfrvigo

b) Os seguintes teléfonos:

CAFI: 981522411

CFR: A Coruña 981274221; Ferrol 981370541; Lugo 982251068; Ourense 988241533; Pontevedra 986872888; Vigo 986202370

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 881997635

c) Os seguintes enderezos electrónicos:

CAFI: cafi@edu.xunta.gal

CFR:

A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.gal

Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.gal

Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.gal

Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.gal

Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.gal

Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.gal