Skip to Content

Novas da Xunta

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Novas da Xunta - Lun, 28/09/2020 - 13:21
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 9 de outubro de 2020.

File: 

Resolución do 23 de setembro de 2020 Anexo

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Novas da Xunta - Lun, 28/09/2020 - 13:15
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 23 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 9 de outubro de 2020.

File: 

Resolución do 23 de setembro de 2020 Anexo

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Resolución definitiva de centros autorizados para impartir o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2020/21

Novas da Xunta - Lun, 28/09/2020 - 13:05
Idioma Gallego

Achégase a resolución definitiva de centros docentes autorizados para impartir o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) durante o curso 2020/21.

Anuncio principal: 

Resolución do 26 de maio de 2020 pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMbach) para o curso 2020/2021

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Publicación da relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020/2021

Novas da Xunta - Lun, 28/09/2020 - 11:06
Idioma Gallego

Xúntase a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020/2021.

File: 

Listaxe de unidades habilitadas curso 2020/2021

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2020/21

Novas da Xunta - Lun, 28/09/2020 - 09:52
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2020/21 (código de procedemento ED421A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

File: 

Orde do 16 de setembro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 16 de setembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Bolsas Máster

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta deseñará unha formación pedagóxica para casos puntuais de docentes sen Máster do Profesorado

Novas da Xunta - Vie, 25/09/2020 - 14:09

Summary: 

O conselleiro de Cultura e Educación presidiu a reunión do Comité Educativo Tras abrir o Ministerio esta posibilidade, e aínda que en Galicia neste momento non existen problemas na contratación, o conselleiro explicou que cómpre ser responsables e adiantarnos cunha medida que funcionaría como un plus para manter a calidade do ensino nesta situación excepcional A iniciativa deseñaríase no Centro Autonómico de Formación e Innovación en colaboración coas Facultades que imparten o máster específico e ten como obxectivo garantir que, no caso de ser necesario contratar persoas que non teñan o máster, estas conten cunha capacitación pedagóxica e educativa Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión do Comité educativo, o máximo órgano asesor da Xunta de Galicia neste ámbito no contexto da pandemia, onde propuxo o deseño dunha formación pedagóxica específica para acceder de xeito puntual á docencia sen Máster do Profesorado.

O titular do departamento educativo do Goberno galego expuxo aos membros do Comité os temas abordados onte na Conferencia Sectorial, entre eles a posibilidade de que as Comunidades Autónomas contraten profesorado sen o máster específico. Segundo indicou o Ministerio de Educación, o obxectivo desta excepción é atender ás dificultades que teñen algunhas CCAA para contratar docentes cos que reforzar os seus sistemas educativos no contexto da pandemia. O Ministerio explicou que, deste xeito, se podería contratar persoas que non conten co Máster, sempre que cumpran todos os demais requisitos, e sempre e cando se esgotaran previamente as listaxes de persoas que si teñen esa titulación.

Román Rodríguez explicou que Galicia non ten neste momento problemas para contratar profesorado, dado que os procesos selectivos dos últimos anos e a oferta pública de emprego garanten que hai profesorado ben formado e con coñecementos pedagóxicos. En calquera caso, e dado que podería xurdir ao longo do curso nalgunhas especialidades –fundamentalmente no caso da FP– o conselleiro considerou responsable estar preparados. Neste sentido explicou que a intención da Consellería é que o Centro Autonómico de formación e Innovación (CAFI) empece xa a traballar no deseño desta formación específica, en colaboración coas facultades que imparten o Máster do Profesorado.

Trataríase dunha preparación de curta duración, para que, de ser preciso contratar persoas sen Máster do Profesorado, estas conten cunha capacitación pedagóxica e educativa ad hoc. Unha formación que funcionaría como un plus de garantía de mantemento da calidade do ensino e que estaría pensada para esta situación concreta e vencellada á pandemia.

En calquera caso, a contratación de persoas específicas, no caso de ter que realizarse, sería unha absolutamente excepcional e aplicada no contexto da pandemia, polo que o profesorado ten plenamente garantidos os seus dereitos. As persoas contratadas ao amparo de esta excepcionalidade deberán compaxinar as funcións docentes coa formación propia en ferramentas e estratexias en materia didáctica e pedagóxica.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas da Xunta

O secretario xeral de Educación subliña que os desdobres de aulas e o reforzo de case 2.000 docentes garantiron unha volta ás aulas segura e sen incidencias

Novas da Xunta - Vie, 25/09/2020 - 13:25
Idioma Gallego

Summary: 

José Luis Mira explicou no Parlamento que a prioridade da Consellería foi recuperar o ensino presencial Subliñou o intenso traballo de organización levado a cabo polos equipos directivos en coordinación cos servizos de inspección

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, interveu esta mañá ante a Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia para dar conta do inicio do curso escolar, que cualificou de “normal” dentro do contexto covid no que nos atopamos.

Na súa intervención, Mira puxo en valor a implicación e o esforzo do conxunto da comunidade educativa -sobre todo dos equipos directivos, do profesorado, do alumnado e das propias familias- para unha volta ás aulas segura e coa recuperación do ensino presencial como máxima prioridade. De feito subliñou o intenso traballo de organización levado a cabo polos equipos directivos en coordinación cos servizos de inspección da Consellería nun inicio de curso “coas máximas garantías, que son as que temos que preservar”.

Así mesmo destacou o esforzo feito por parte do Goberno galego para atender as demandas dos centros educativos, especialmente no que atinxe ao reforzo do profesorado coa contratación de arredor de 2.000 novos profesores, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla; e o desdobramento de aulas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade.

No que atinxe ao profesorado, Mira especificou que un total de 1.107 foron para as etapas de ESO, Bacharelato e FP (847 para atender as necesidades derivadas da covid e outros 260 para o incremento de oferta) e 240 para Infantil e Primaria, todos eles xa incorporados nos seus respectivos centros. A maiores hai que engadir os 543 de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta demanda ao Estado fondos para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa ao longo de todo o curso escolar

Novas da Xunta - Jue, 24/09/2020 - 16:52
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro demandou un sistema de datos comparados entre as comunidades autónomas, así como maior coordinación en aspectos comúns Román Rodríguez salientou que Galicia aposta pola presencialidade nas aulas, o que supuxo a contratación de preto de 2.000 profesores a maiores Os conselleiros de Educación e de Sanidade participaron na Conferencia Sectorial, en sesión conxunta co Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde

Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, celebrada en sesión conxunta co Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Neste marco, o responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia demandou ao Goberno central máis fondos para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa ao longo de todo o curso escolar.

Román Rodríguez lembrou que os fondos comprometidos ata o momento polo Estado para educación, preto de 93M€, se corresponden co ano 2020. Tendo en conta que o curso escolar abrangue tamén máis da metade do ano 2021, o conselleiro cifrou en máis de 30M€ a cantidade adicional que o Goberno central deberá transferir a Galicia ata o remate de curso.

Na súa intervención na Conferencia Sectorial, expuxo as medidas adoptadas polo seu departamento para adaptar o curso ás novas necesidades derivadas da situación de pandemia. Neste sentido, destacou o sobresforzo orzamentario que supón a contratación, a maiores, de preto de 2.000 docentes –un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado en Galicia– para dar resposta aos desdobres que foi preciso realizar nas aulas, así como para o reforzo educativo e para o incremento da oferta nalgúns niveis.

Esta medida, a principal de todas as postas en marcha pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento do curso coas máximas garantías de seguridade e calidade, é froito da aposta do Goberno galego pola presencialidade nas aulas, establecendo a semipresencialidade (optativa e previa autorización da Inspección educativa) só para as etapas de Bacharelato e FP.

Este incremento do profesorado require unha resposta deste o punto de vista de incremento do orzamento estatal que o Ministerio de Educación non pode obviar. A este respecto, o conselleiro reclamou tamén un sistema comparado de datos para todas as comunidades autónomas, que permita acadar unha visión máis ampla das medidas aplicadas en cada unha delas.

Así mesmo Román Rodríguez salientou, entre outras accións implementadas nas últimas semanas, a creación do Comité Educativo como máximo órgano asesor do Goberno galego neste eido no contexto da pandemia derivada da covid-19; así como a elaboración do Plan de Continxencia para a educación non presencial e semipresencial.

Normalidade dentro da excepcionalidade

O conselleiro explicou que o inicio do curso se está a desenvolver en Galicia con normalidade, dentro da excepcionalidade da situación. Isto foi posible grazas ao esforzo dos equipos dos centros educativos e da comunidade educativa no seu conxunto, que permitiu que os centros de ensino sexan espazos seguros con normas organizativas orientadas a reducir expansión da covid-19.

Por outra parte, sinalou que Galicia aposta pola flexibilidade normativa, fundamental para ir adaptando o curso, tanto a nivel programático e curricular como no de organización e medidas sanitarias, aos axustes que sexan necesarios en función da evolución da pandemia. En calquera caso, Román Rodríguez pediu unha maior coordinación en aspectos comúns que eviten solución dispares entre as comunidades autónomas e eviten un despilfarro de recursos e esforzos.

Finalmente o conselleiro solicitou ao Ministerio de Educación intermediación diante do Ministerio do Interior para o reforzo das medidas preventivas nas inmediacións dos centros escolares nos momentos de entrada e saída dos centros.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta blinda as axudas ás ANPAS que xestionan comedores escolares para facilitar que continúen co servizo

Novas da Xunta - Jue, 24/09/2020 - 16:37

Summary: 

Educación publica a resolución das subvencións do curso pasado e conserva íntegro o importe de 553.000 euros, incluídos os meses nos que non se prestou o servizo pola suspensión das clases Compénsanse así os gastos extra para este curso derivados da implantación de medidas de seguridade por mor da covid neste primeiro trimestre O departamento educativo da Xunta mantén o seu compromiso de incrementar o orzamento da próxima convocatoria de subvencións a estas entidades en 2021 Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de resolver achegar ás ANPAS de toda Galicia un total de 553.000 euros en concepto de axuda pola xestión do servizo de comedor escolar durante todo o pasado curso escolar. Deste xeito, increméntase o importe que correspondería a estas axudas polos meses nos que realmente se prestou servizo durante o curso 2019/2020 por mor da suspensión das clases.

As 107 entidades beneficiarias que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia recibirán por parte da Xunta a subvención íntegra correspondente a todos os meses do curso lectivo, pese a que durante o último trimestre do curso non chegaron a rexistrar este gasto, un importe estimado en 190.000 euros. Compensase así o gasto extra deste trimestre derivado do reforzo das medidas de seguridade por mor da pandemia.

A maiores, a Consellería mantén o seu compromiso de incrementar en 2021, de forma substancial, as contías das axudas que se destinan ás ANPAS que xestionan comedores escolares no conxunto de Galicia neste curso, co fin de facilitar as medidas de adaptación sen que isto supoña un prexuízo para as familias no prezo do menú.

Custo do menú, vixilancia e coidado

O departamento educativo da Xunta de Galicia publica cada ano unha convocatoria de axudas para o cofinanciamento do servizo de comedor escolar xestionado polas asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería e que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria ou o segundo ciclo de educación infantil.

A Consellería financia ata un máximo do 50% do custo do servizo do comedor do centro escolar correspondente. As axudas, que se outorgan en réxime de concorrencia competitiva, poderán ser empregadas para sufragar o custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, así como, se é o caso, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do comedor.

Tamén poden destinarse a costear os gastos orixinados pola contratación de persoal para atender o alumnado con necesidades específicas e os derivados da contratación de pólizas de seguro vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.

Protocolo de comedores

A Consellería vén de publicar o Protocolo de prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios, un marco xeral sobre a prestación do servizo de comedor escolar que sirve de base para que as distintas entidades que xestionan o dito servizo elaboren os seus protocolos específicos, axustándose ás directrices xerais.

Nesta liña, ademais das axudas económicas, a Consellería segue a traballar de xeito coordinado coas asociacións e federacións de nais e pais para ofrecerlles soporte técnico na prestación deste servizo e lograr así un consenso que beneficie ao conxunto do alumnado.

Información xeral Comedores escolares Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Amplíase o prazo da convocatoria do programa Club de Letras

Novas da Xunta - Jue, 24/09/2020 - 13:39
Idioma Gallego

Amplíase o prazo de solicitude para participar no Club de Letras no curso 2020/21.

Novo prazo de solicitude: ata o mércores 7 de outubro de 2020.

Podedes consultar toda a información relacionada con esta convocatoria na seguinte ligazón.

 

 

Autorización da ampliación do prazo do Club de Letras

Tema: 

Igualdade Violencias Coeducación Relacións Dereitos Diversidade

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2020/21

Novas da Xunta - Jue, 24/09/2020 - 13:15
Idioma Gallego

Achégase Resolución do 24 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa Radio na biblio para o curso 2020/21, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares de centros públicos de titularidade da consellería que matriculan alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de outubro de 2020.

File: 

Resolución do 24 de setembro de 2020 (Convocatoria)

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas da Xunta

Concesión das axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios para o curso académico 2019/20

Novas da Xunta - Jue, 24/09/2020 - 09:41
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 16 de setembro de 2020 pola que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2019/20.

Anuncio principal: 

Convocadas as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios para o curso 2019/2020

Tema: 

Bolsas Comedores escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios Servicio de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19

Novas da Xunta - Mié, 23/09/2020 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.

File: 

Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 Protocolo de prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios Protocolo de prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiaispara o ámbito educativo.

Tema: 

Información xeral

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Publicación das cualificacións definitivas das probas de acceso aos CF de grao medio de Artes plásticas e deseño (curso 2020-21). Probas específicas

Novas da Xunta - Mar, 22/09/2020 - 14:54
Idioma Gallego

Publicadas as cualificacións definitivas das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes plásticas e deseño para o curso 2020-21. Probas específicas.

Anuncio principal: 

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Departamento: 

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas da Xunta

Publicación das cualificacións definitivas da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de setembro de 2020)

Novas da Xunta - Mar, 22/09/2020 - 12:12
Idioma Gallego

Publicadas as cualificacións definitivas da proba libre para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos (convocatoria de setembro de 2020).

Tema: 

Información xeral Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas de educación secundaria

Departamento: 

Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

Normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 23 de setembro de 2020

Novas da Xunta - Mar, 22/09/2020 - 09:37
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 17 de setembro de 2020 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino convocada para o día 23 de setembro de 2020.

 

File: 

Orde do 17 de setembro de 2020 (DOG)

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Carnés profesionais. Listaxes da primeira e da segunda convocatoria 2020

Novas da Xunta - Lun, 21/09/2020 - 19:44
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da segunda convocatoria 2019 de carnés e Carnés e habilitacións profesionais 2020. Publicadas listaxes correspondentes a:

  • Persoas admitidas e excluídas 2ª convocatoria.
  • Persoas convocadas para a realización da proba de Operador industrial de caldeiras 1ª e 2ª convocatorias.
  • Persoas convocadas para realizar a segunda parte da proba de guindastre móbil 1ª e 2ª convocatorias.
  • Material de consulta para a realización das probas correspondentes á 1ª e 2ª convocatorias.
  • Datas de realización das probas correspondentes á 1ª e 2ª convocatorias.

Máis información

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas da Xunta
Contenido sindicado


by Dr. Radut