Skip to Content

Novas da Xunta

Un total de 40 centros participan este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’

Novas da Xunta - Vie, 05/01/2024 - 13:05

Summary: 

O programa ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes nas narrativas audiovisuais

O alumnado participante tamén poderá crear unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero

Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU.

O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado participante poderá crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

A relación de centros seleccionados é a reflectida na seguinte táboa:

 

Provincia

Concello

Centro

Actividade

Coruña, A

Abegondo

IES de Viós

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Carral

IES de Carral

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Ferrol

IES Canido

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Mugardos

IES de Mugardos

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Neda

IES Fernando Esquío

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Noia

CEIP Felipe de Castro

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Ponteceso

IES Eduardo Pondal

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Ribeira

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Coruña, A

Pontedeume

IES Breamo

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Lugo

Lugo

IES Sanxillao

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Lugo

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Lugo

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe A Gándara

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Lugo

Monterroso

IES de Monterroso

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Lugo

Sarria

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Lugo

Xove

IES Illa de Sarón

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Ourense

Barco de Valdeorras, O

IES Lauro Olmo

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Ourense

Maceda

IES San Mamede

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Ourense

Ourense

IES Universidade Laboral

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Ourense

Vilar de Barrio

CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe A Pedra

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Bueu

IES Johan Carballeira

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Cambados

IES Ramón Cabanillas

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Cangas

CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Cangas

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

IES de Cotobade

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Gondomar

IES Auga da Laxe

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Guarda, A

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Lalín

IES Laxeiro

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Neves, As

IES Pazo da Mercé

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Nigrán

CEIP da Cruz

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Pontevedra

IES Valle-Inclán

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Pontevedra

CEIP San Martiño

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Redondela

IES Illa de San Simón

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Redondela

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEIP Plurilingüe de Leirado

Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual

Pontevedra

Tomiño

CEIP Pintor Antonio Fernández

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Vigo

IES de Beade

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión

Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

 

O programa desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2023/24 e divídese en dúas actividades diferentes. A primeira delas consiste na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, que ten como base fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades. Unha vez concluída a proxección desenvolverase un coloquio que será moderado e dirixido por unha persoa experta, que tratará de estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes ocultas en materia de igualdade presentes nas filmacións.

A segunda actividade é un obradoiro educativo para a creación dunha sinxela produción audiovisual. En cada centro educativo participante desenvolverase unha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero, sexa curtametraxe, anuncio publicitario, vídeo musical, ou entrevista, entre outros formato. O argumento e a posta en escena reflectirán contidos sobre o significado da igualdade e a equidade entre mulleres e homes, os estereotipos e os roles de xénero, ou o empoderamento da muller, desde unha perspectiva didáctica que permita comprender ao alumnado a realidade desta situación desde o enfoque dun proceso social en construción e de cambio positivo.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta publica o protocolo que regula o uso dos móbiles nos centros de ensino durante o tempo de lecer

Novas da Xunta - Jue, 04/01/2024 - 16:21

Summary: 

Amplía a restrición do emprego destes dispositivos á totalidade da xornada escolar, permitindo un uso razoable por motivos xustificados, como os médicos

Os centros que impartan ensinanzas de FP de Grao Superior, de Réxime Especial e de Adultos, polas súas características organizativas e de alumnado, poderán non aplicar esta medida nesas etapas se así o consideran

Poderanse seguir utilizando os teléfonos con fins de aprendizaxe e formación, promovendo un uso seguro e saudable da tecnoloxía

Establecerase un plan de apoio ás familias no manexo responsable dos móbiles

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de publicar o protocolo para regular o uso dos móbiles nos centros educativos durante o tempo de lecer, a través do que se amplía á totalidade da xornada escolar a limitación do uso de teléfonos e dispositivos electrónicos que xa estaba vixente no interior das aulas desde 2015 en todos os centros sostidos con fondos públicos de Galicia.  

Deste xeito, desde a volta das vacacións de Nadal, nos centros non se permitirá tampouco o emprego libre destes dispositivos nos períodos non lectivos, que son as entradas e saídas, o tempo de recreo, o comedor escolar e os períodos dedicados a actividades complementarias e extraescolares. A medida xa se estaba aplicando actualmente no 76% dos centros galegos. Analizada a súa experiencia, e á vista de que constitúe unha práctica cunha repercusión positiva na convivencia escolar, decídese amplialo á totalidade logo de escoitar á comunidade educativa.

En calquera caso, estes dispositivos poderán empregarse de xeito proporcionado e razoable por cuestións de necesidade, médicas ou doutra índole, sempre por motivos xustificados, atendendo ás circunstancias e autorizado pola dirección do centro. Así mesmo, mantense a posibilidade do uso pedagóxico destas ferramentas, sempre baixo supervisión do profesorado. 

Ademais, os centros que imparten ensinanzas de FP de Grao Superior, de Réxime Especial (como escolas oficiais de idiomas ou conservatorios, entre outros) e de Adultos, polas súas características organizativas e de alumnado, poderán non aplicar esta medida nesas etapas se así o consideran. Así, en base á súa autonomía organizativa, poderán adaptar o protocolo no relativo ás limitacións establecidas nos períodos non lectivos.

Seguridade e asesoramento

O protocolo ten un carácter básico e deberá ser contextualizado ou adaptado ao centro educativo e á súa contorna para, finalmente, ser incluído nas normas de convivencia. Os servizos de Inspección Educativa serán os encargados de prestar o asesoramento necesario aos centros e a supervisión na adaptación ao novo texto. En paralelo, a Xunta de Galicia iniciará os trámites oportunos para actualizar a norma que vén regulando os móbiles nos centros, o Decreto 8/2015, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade escolar en materia de convivencia.

Así mesmo, establecerase un plan de formación para acompañar ás familias no manexo responsable dos móbiles, para o que contarán co apoio do Goberno galego.

O protocolo parte dunha análise sosegada da situación coa comunidade educativa tras varias roldas de reunións coa Xunta Autonómica de Directores (onde están representadas as direccións dos centros públicos), cos representantes das direccións dos centros concertados e cos representantes das principais asociacións de nais e pais.

Regular e formar no eido dixital

Así as cousas, e atendendo ao consenso e á demanda social manifestada, a Xunta considera positivo ampliar estas boas prácticas ao conxunto do sistema. Deste xeito, promóvese unha responsabilidade compartida no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, así como no fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, ao tempo que se compatibiliza co aproveitamento das potencialidades de aprendizaxe que ofrecen estas ferramentas.  

A decisión enmárcase na liña prioritaria da Xunta de consolidar a convivencia positiva como estilo educativo, tal e como marca a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso escolar.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Novas da Xunta - Jue, 04/01/2024 - 14:16
Idioma Gallego

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

File: 

Orde de 4 de xaneiro de 2024

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Colectivo: 

Alumnado Centros
Categorías: Novas da Xunta

Unha vintena de centros de toda Galicia incorporan ás súas aulas o modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas! recoñecido pola Unesco

Novas da Xunta - Mié, 03/01/2024 - 13:34

Summary: 

A convocatoria para incorporar esta experiencia ao sistema educativo público galego espertou o interese de case 40 centros

O obxectivo é contribuír, desde a escola, á salvagarda do patrimonio cultural inmaterial mediante espazos e accións para sensibilizar ás xeracións máis novas

Idioma Gallego

Unha vintena de centros educativos de toda Galicia incorpóranse este curso, nunha primeira fase experimental, ao modelo de educación patrimonial Ponte... nas Ondas!, recoñecido pola Unesco en 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou a resolución de centros seleccionados nunha convocatoria que espertou o interese de case 40 centros de ensino.

O obxectivo é ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público o modelo internacional Ponte... nas Ondas!, recoñecido polas Nacións Unidas como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia.

Os centros que se incorporan este curso á Rede de centros Ponte... nas Ondas! son os reflectidos na seguinte táboa:

 

Provincia

Concello

Centro

Coruña, A

Ferrol

IES de Catabois

Coruña, A

Muros

IES Plurilingüe Fontexería

Ourense

Coles

CPI Plurilingüe Antonio Faílde

Ourense

Pereiro de Aguiar, O

CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey

Ourense

San Cristovo de Cea

CPI Virxe da Saleta

Pontevedra

Estrada, A

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Pontevedra

Gondomar

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Pontevedra

Mos

CEIP de Petelos

Pontevedra

Ponte Caldelas

IES de Ponte Caldelas

Pontevedra

Ponteareas

IES do Barral

Pontevedra

Pontevedra

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Salceda de Caselas

CEP Altamira

Pontevedra

Salceda de Caselas

IES Pedras Rubias

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEP Carlos Casares

Pontevedra

Salvaterra de Miño

IES de Salvaterra de Miño

Pontevedra

Tui

IES Indalecio Pérez Tizón

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Seis do Nadal

Pontevedra

Vigo

EEI Vila Laura

Pontevedra

Vigo

IES Politécnico de Vigo

 

Escola, radio, patrimonio e lazos coa lusofonía

O modelo Ponte... nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses. A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Coa incorporación paulatina deste modelo ao sistema educativo público galego, a través do cal búscase reforzar a implicación dos nenos e mozos nas súas propias tradicións e crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial, a valorización do propio e garantir a transmisión ás novas xeracións ao tempo que seguir traballando en afianzar os lazos coa lusofonía e o vínculo con Portugal. Os centros educativos participantes contarán cunha serie de recursos e serán recoñecidos como centros Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA

Novas da Xunta - Mié, 03/01/2024 - 11:08
Idioma Gallego

No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos, nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:

  • As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
  • As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta convoca as axudas complementarias para os universitarios galegos que participan este curso no programa Erasmus+

Novas da Xunta - Mar, 02/01/2024 - 14:18

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o día 2 de febreiro
 

O importe oscila entre os 125 e os 195 euros ao mes, para estadías entre dous e nove meses, en función do país de destino

Idioma Gallego

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas complementarias para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa este curso no programa comunitario Erasmus+.

O prazo para tramitar as solicitudes estará aberto desde mañá ata o día 2 de febreiro. Os interesados deberán realizar a solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

O importe da axuda varía en función do país de destino. Deste xeito, é de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).

Ademais, no caso de existir remanente de crédito, adxudicarase unha contía uniforme de 500€ entre as persoas solicitantes que realicen unha estadía igual ou superior a cinco meses e conten cos expedientes con maior nota media.

Estas bolsas funcionan como complemento ás achegadas pola Unión Europea para os estudantes que están neste programa de mobilidade. O Goberno galego mantén un orzamento de máis de 1,5M€ para dar cobertura con esta convocatoria a todos os alumnos que reciben a axuda comunitaria.
Requisitos

Para solicitar a bolsa o estudante deberá estar matriculado no curso 2023/24 en calquera grao das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e participar no devandito programa de mobilidade universitaria como beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación, en estadías de entre dous e nove meses.

Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

O obxectivo desta liña de axudas é favorecer a participación do alumnado neste programa de mobilidade, que facilita acadar unha dimensión internacional dos estudos e un enriquecemento dos itinerarios curriculares.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Novas da Xunta - Mar, 02/01/2024 - 11:46
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Preto de 7.200 estudantes de 205 centros aprenden estar curso a través dos Clubs de Ciencias

Novas da Xunta - Lun, 01/01/2024 - 11:01

Summary: 

O programa incorpora 42 centros co fin de promover coñecementos e técnicas para aumentar o interese do alumnado en especialidades como matemáticas e enxeñaría

Idioma Gallego

Preto de 7.200 alumnos de 205 centros aprenden este curso as posibilidades das ciencias e a tecnoloxía a través do programa Club de Ciencia da Xunta de Galicia, cuxa resolución figura no Portal Educativo e que supón a incorporaron 42 novos centros e máis de 1.200 estudantes.

Os centros seleccionados tiveron que presentar un proxecto coas tarefas que desenvolven no programa. Cada un deles conta cun profesor coordinador e profesores colaboradores que poderán certificar 30 horas ou 20 horas, respectivamente, en innovación educativa. O orzamento total destinado para este curso ascende a 200.000€.

O obxectivo do Club de Ciencia é impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada. Para iso, promóvense capacidades, coñecementos e técnicas para aumentar o interese dos participantes en diversos campos da ciencia e a súa aplicación na tecnoloxía. A creación destes contornos de aprendizaxe impulsa vocacións no ámbito da ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a tecnoloxía e encamiñan o alumnado a estas titulacións.

A actuación enmárcase na Estratexia Educación Dixital 2030 da Consellería de Educación co obxectivo de mellorar as competencias dixitais e científico-tecnolóxicas do alumnado. Os 42 centros de nova incorporación este ano académico son os da seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Abegondo

IES de Viós

A Coruña

Cerdido

CEIP da Barqueira

A Coruña

Ferrol

IES Concepción Arenal

A Coruña

Ferrol

IES Canido

A Coruña

Miño

CPI Castro Baxoi

A Coruña

Oleiros

CEIP Ramón María del Valle-Inclán

A Coruña

Ordes

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

A Coruña

Pobra do Caramiñal, A

CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra

A Coruña

Pontedeume

IES Breamo

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

IES Plurilingüe Castro da Uz

A Coruña

Ribeira

CEIP de Olveira

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal

A Coruña

Teo

IES de Cacheiras

A Coruña

Val do Dubra

CPI de Bembibre

Lugo

Cospeito

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Lugo

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

Lugo

Pontenova, A

IES Enrique Muruais

Lugo

Vilalba

IES Santiago Basanta Silva

Ourense

A Gudiña

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

Ourense

Barbadás

CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Ourense

Celanova

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez

Ourense

Maside

CPI Terras de Maside

Ourense

Pobra de Trives, A

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

Ourense

Ribadavia

IES O Ribeiro

Ourense

Xinzo de Limia

IES Cidade de Antioquía

Pontevedra

Grove, O

CEIP Plurilingüe de Conmeniño

Pontevedra

Guarda, A

EEI da Gándara

Pontevedra

Lama, A

EPAPU Nelson Mandela

Pontevedra

Ponte Caldelas

CEIP Manuel Cordo Boullosa

Pontevedra

Ponteareas

IES Val do Tea

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra

Pontevedra

CIFP A Xunqueira

Pontevedra

Redondela

CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

Pontevedra

Sanxenxo

IES de Vilalonga

Pontevedra

Tomiño

IES Antón Alonso Ríos

Pontevedra

Vigo

IES Santa Irene

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Pontevedra

Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Pontevedra

Vila de Cruces

CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

EEI de Aralde Sobrán

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

EEI de Vilar-Bamio

Pontevedra

Vilanova de Arousa

IES A Basella

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta concede 103 axudas de matrícula gratuíta de máster para persoas desempregadas

Novas da Xunta - Sáb, 30/12/2023 - 11:11

Summary: 

As axudas publicadas no DOG inclúen 18 beneficiarios da USC, 46 da UVigo e 39 da UDC

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia concede un total de 103 axudas de matrícula gratuíta de máster oficial nas universidades públicas galegas este curso para desempregados. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución das axudas, que oscilan entre os 591 e os 835,8€, en función da titulación.

O obxectivo é apoiar a mellora da cualificación destas persoas, facilitando que cursen un máster universitario que lles proporcione unha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional e melloren así o seu acceso a un mercado de traballo globalizado.

Por universidades, 18 dos beneficiarios estudan un máster na de Santiago de Compostela (USC), 46 na de Vigo (UVigo) e 39 na da Coruña (UDC). A maior parte, 60 bolseiras, son mulleres.

Profesorado, o máis cursado

O máster máis cursado entre os beneficiarios é o do Profesorado, que estudan 46 bolseiros. Ademais, con tres beneficiarios cada un, destacan titulacións como os máster en Prevención de Riscos Laborais, Prevención en Riscos Laborais e Riscos Común, Finanzas, Avogacía e Procura, Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais e Tradución Multimedia.

Para acceder a estas axudas, as persoas candidatas deberon rematar os estudos universitarios de grao antes do 30 de setembro de 2022 e estar en situación de desemprego. Ademais, deben estar matriculadas nun máster universitario oficial en Galicia, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Un protocolo regulará o uso dos teléfonos móbiles nos centros educativos no tempo de lecer

Novas da Xunta - Vie, 29/12/2023 - 15:34

Summary: 

A Xunta traslada á comunidade educativa o avance do texto, nunha nova rolda de contactos con representantes dos centros e das anpas

Nel recóllese, como se aprobou no Consello, estender a restrición do uso de móbiles e dispositivos electrónicos á totalidade da xornada escolar

Os centros que impartan ensinanzas de FP de Grao Superior, de Réxime Especial e de Adultos poderán non aplicar esta medida nesas etapas se así o consideran

Permítese o uso proporcionado e razoable por motivos xustificados ante cuestións de necesidade puntuais como razóns médicas, entre outras

Búscase promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía aproveitando as súas potencialidades de aprendizaxe, finalidade para a que sigue permitido

Estableceranse medidas de apoio ás familias no uso responsable dos móbiles

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia regulará o uso dos teléfonos móbiles nos centros educativos durante o tempo de lecer a través dun protocolo cuxo contido lle foi avanzado hoxe á Xunta Autonómica de Directores (onde están representadas as direccións dos centros públicos), aos representantes das direccións dos centros concertados, así como aos representantes das principais asociacións de nais e pais, en varias reunións co equipo da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

O texto recolle, como se aprobou no Consello da Xunta, estender á totalidade da xornada escolar a prohibición de uso de móbiles e dispositivos electrónicos vixente en Galicia desde o ano 2015 para os períodos lectivos, é dicir, nas aulas. Agora, con esta ampliación non se permitirá tampouco o emprego libre destes dispositivos nos períodos non lectivos, que son as entradas e saídas do centro, o tempo de recreo, o comedor escolar e os períodos dedicados a actividades complementarias e extraescolares.

Esta limitación estará vixente á volta das vacacións de Nadal nos centros sostidos con fondos públicos. No caso dos centros que imparten ensinanzas de FP de Grao Superior, de Réxime Especial (como escolas oficiais de idiomas ou conservatorios, entre outros) e de Adultos poderán non aplicar esta medida nesas etapas se así o consideran. Así, en base á súa autonomía organizativa, poderán adaptar o protocolo no relativo ás limitacións establecidas nos períodos non lectivos.

Autorizado con finalidade pedagóxica

Non obstante, seguirá permitíndose o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de necesidade, medicas ou doutra índole, sempre por motivos xustificados, atendendo ás circunstancias e autorizado pola dirección do centro. Así mesmo, mantense a posibilidade do uso pedagóxico destas ferramentas, sempre baixo supervisión do profesorado.

Vixente xa no 76% dos centros

Logo dunha análise sosegada co conxunto da comunidade educativa, e analizada a experiencia positiva na maioría dos centros (o 76% deles) que, dentro das súas normas de convivencia, xa teñen restrinxido o uso de teléfonos móbiles nos recreos, a Xunta considera positivo estender estas boas prácticas ao conxunto do sistema, atendendo ao consenso e á demanda social manifestada.

Así pois, búscase avanzar na responsabilidade compartida dun uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, así como no fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, e compaxinar isto coas potencialidades de aprendizaxe que ofrecen estas ferramentas. Por tanto, a decisión enmárcase na liña prioritaria da Xunta de consolidar a convivencia positiva como estilo educativo, tal e como marca a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso escolar.

Seguridade e asesoramento

Agora, co fin de dar soporte aos centros que, diante de usos non axeitados, demandan un marco xeral de uso dos móbiles, a Xunta está a pechar o mencionado protocolo, que se difundirá ao conxunto da comunidade educativa.

O documento terá un carácter básico e deberá ser contextualizado ou adaptado ao centro educativo e á súa contorna para, finalmente, ser incluído nas normas de convivencia. Ademais, os servizos de Inspección Educativa serán os encargados de prestar o asesoramento necesario aos centros e a supervisión na adaptación ao novo texto. En paralelo, iniciaranse os trámites oportunos para a actualización do Decreto 8/2015, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade escolar en materia de convivencia.

Así mesmo, establecerase un plan de formación para acompañar ás familias no uso responsable dos móbiles, para o que contarán co apoio da Xunta de Galicia.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas superiores e profesionais acadan os premios fin de carreira e extraordinarios da Xunta

Novas da Xunta - Vie, 29/12/2023 - 12:00

Summary: 

O Diario Oficial de Galicia publica as listaxes de persoas beneficiadas destes galardóns

O obxectivo é recoñecer o desempeño excelente destes estudantes en ámbitos como a música, a danza, as artes plásticas e o deseño

Idioma Gallego

Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas veñen de acadar os premios da Xunta de Galicia que recoñecen o seu desempeño excelente. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores e dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.

No caso dos galardóns de fin de carreira, recoñecen o labor do alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2022/23, nos centros dependentes da Xunta de Galicia.

Tal e como recolle a orde de convocatoria, as persoas premiadas reciben unha dotación económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción, certificando que se trata do estudante que conta co mellor expediente académico de entre aos solicitantes.

A listaxe de beneficiarios é a seguinte:

Centro

Estudante

Modalidade

Especialidade

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Iván Fernández Diéguez

Arte Dramática

Dirección Escénica e Dramaturxia

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Andrea Leis Regueiro

Conservación e Restauración de Bens Culturais

Bens Arqueolóxicos

Escola de Arte e Superior
de Deseño Mestre Mateo

David Vila Moreira

Deseño

Moda

Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón

Pablo Rodríguez Regueiro

Deseño

Interiores

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Lucas López López

Música

Interpretación (canto)

Conservatorio Superior de Música da Coruña

Sandra Galera Martínez

Música

Composición

No que atinxe aos premios extraordinarios, distinguen o traballo de alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2022/23. Para acceder a estes galardóns, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos.

De acordo co establecido na convocatoria, os estudantes premiados reciben un galardón de 1.000€ e un diploma acreditativo.

A listaxe de estudantes beneficiarios é a seguinte:

Centro

Estudante

Ámbito

Especialidade

Conservatorio Profesional
de Música de Santiago

Sergio Manteiga García

Música

Trombón

Conservatorio Profesional
de Música de Vigo

Miguel Veloso Rodríguez-Gironés

Música

Óboe

Conservatorio Profesional
de Música de Vigo

Daniel Pérez Torres

Música

Frauta travesa

Conservatorio Profesional
de Danza de Lugo

Ignacio Illán Sastre

Danza

Danza contemporánea

Escola de Arte e Superior
de Deseño Ramón Falcón

María Isabel Vázquez Rodríguez

Artes plásticas e deseño

Cerámica artística

Escola de Arte e Superior
de Deseño Antonio Faílde

Raúl Iglesias Pérez

Artes plásticas e deseño

Fotografía

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2023/24

Novas da Xunta - Jue, 28/12/2023 - 11:37
Idioma Gallego

Resolución definitiva do 27 de decembro 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Cinema con perspectiva durante o curso 2023/24.

 

Anuncio principal: 

Programa educativo “Cinema con perspectiva”

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas da Xunta

Xunta e FEUGA asinan un acordo para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de Formación Profesional

Novas da Xunta - Mié, 27/12/2023 - 15:43

Summary: 

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas e baixas do alumnado na Seguridade Social

O mecanismo será empregado por arredor de 16.000 estudantes e 12.000 empresas

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xeral da Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro, asinaron esta mañá un acordo de colaboración para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial.

 

A través deste convenio, FEUGA ocuparase da xestión da cotización na Seguridade Social do alumnado das devanditas ensinanzas que realice prácticas formativas en empresas a partir do 1 de xaneiro. Para iso, valerase da súa acreditada experiencia neste campo, poñendo a disposición da Xunta a plataforma da que dispón para o envío e recepción da documentación necesaria no procedemento.

 

Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tramitará unha encomenda de xestión a favor de FEUGA, estimada en 1M€, e fornecerá da documentación necesaria do alumnado.

 

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas e baixas do alumnado na Seguridade Social. O mecanismo será empregado por arredor de 16.000 estudantes e 12.000 empresas. Deste xeito, axilízase o proceso e garántese que a medida aprobada polo Goberno central non supoña unha sobrecarga administrativa nin para o sistema educativo nin para as empresas que colaboran na formación curricular do alumnado. O novo sistema comezará a funcionar o 1 de xaneiro.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Resolución do 15 de decembro de 2023: adxudicación dos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de música, de danza, e de artes plásticas e deseño do curso 2022/23

Novas da Xunta - Mar, 26/12/2023 - 10:48
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño).

Anuncio principal: 

Convocatoria dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño, correspondentes ao curso 2022/23

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial 23/24

Novas da Xunta - Mar, 26/12/2023 - 10:20
Idioma Gallego

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de setembro do 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

Tema: 

Proxectos de formación do profesorado de formación profesional

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Un total de 65 estudantes das universidades públicas galegas participan en programas de mobilidade en países extracomunitarios co apoio da Xunta

Novas da Xunta - Lun, 25/12/2023 - 10:00

Summary: 

O Goberno galego incrementa nun 20% o orzamento para estas bolsas para paliar o efecto da inflación e garantir a igualdade de oportunidades

Por universidades, 31 beneficiarios son da de Santiago de Compostela, 23 da de Vigo e 11 da da Coruña, e o 74% deles son mulleres

O país ao que se desprazan máis estudantes é Chile (15 estudantes) seguido de Arxentina (13) e México (10)

Idioma Gallego

Un total de 65 estudantes das tres universidades públicas galegas participan este curso en programas de mobilidade de estudantes universitarios en países extracomunitarios fóra do programa Erasmus+ co apoio da Xunta. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución desta convocatoria, para a que o Goberno galego destina este ano 284.000€, un 20% máis.

 

Por universidades, 31 dos beneficiarios son alumnos da de Santiago de Compostela (USC), 23 da de Vigo (UVigo) e 11 da da Coruña (UDC). A maioría, case un 74%, son mulleres.

 

O país ao que se desprazan máis estudantes é Chile (15 estudantes) seguido de Arxentina (13) e México (10). Son seis os alumnos que realizan a mobilidade nos Estados Unidos e en Corea do Sur, cinco en Brasil e tres en Suíza. Finalmente, con un estudante en cada un, os alumnos viaxan a China, Colombia, Costa Rica, Malasia, Perú, Reino Unido e Xapón.

 

Por ramas de coñecemento, as titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas son as que máis alumnos engloban (24 bolseiros), seguido polo ámbito das Ciencias da Saúde (20). Artes e Humanidades e Enxeñería e Arquitectura contan con nove bolseiros cada unha e Ciencias con tres.

 

Ata 2.500€

Por primeira vez diferénciase a dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria en función de onde realice o programa de mobilidade. Así, a contía para os estudantes que participen en intercambios en países de Europa mantense en 1.700€, que obteñen catro beneficiarios, e establécese unha nova axuda de 2.500€ para as estadías no resto do mundo, que reciben a maioría dos bolseiros, un total de 61 alumnos.

 

Deste xeito, o departamento educativo do Goberno galego contribúe a paliar os efectos da inflación sobre este tipo de programas de mobilidade, facilitando que calquera estudante poida participar neles en igualdade de oportunidades, independentemente da súa situación económica.

 

Ademais destas bolsas, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca anualmente as complementarias para o alumnado das universidades públicas galegas que participa no programa Erasmus+, que este curso contan cun orzamento de máis de 1,5M€.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta eleva a 5M€ o investimento en obras educativas en Vilagarcía esta lexislatura con novas actuacións no CIFP Fontecarmoa e no CEIP Arealonga

Novas da Xunta - Sáb, 23/12/2023 - 10:00

Summary: 

A ampliación do Centro Integrado de FP licitarase antes de fin de ano por case 3,8M€ e no 2024 a do colexio ao longo de 2024, por arredor de 635.000€

Súmanse ás melloras realizadas nos tres institutos do concello, no Centro de Educación Especial e no Colexio CEIP Plurilingüe de Vilaxoán

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vai licitar antes de que remate o ano a obra de ampliación do Centro Integrado de FP Fontecarmoa, cun importe de case 3,8M€. Así mesmo, ao longo de 2024 está previsto licitar a ampliación doutro dos colexios desta localidade pontevedresa, o CEIP Plurilingüe Arealonga. Deste xeito, o investimento en obras educativas no concello vilagarcián elévase a 5M€ nesta lexislatura.

 

O obxectivo destas melloras é dar resposta ás necesidades dos ciclos formativos que imparte o Fontecarmoa, recentemente convertido en Centro Integrado de FP, e mellorar o día a día da comunidade educativa en ambos os dous casos.

 

Estas dúas novas actuacións súmanse ás mellora realizadas no Colexio CEIP Plurilingüe de Vilaxoán, no Instituto IES de Carril, no IES Castro Alobre e ás instalacións fotovoltaicas no IES Armando Cotarelo Valledor e no Centro de Educación Especial CEE de Vilagarcía de Arousa.

 

Novos talleres para FP

A ampliación do CIFP Fontecarmoa suporá unha nova superficie total de 2.210,29 m² construídos. A maioría deles, 1.875,29m², serán sobre o edificio de talleres, mentres que o principal medrará en 335 m².

 

A actuación permitirá que o centro conte con novos espazos para talleres, ao tempo que se solucionan problemas puntuais nos xa existentes. Crearase, así mesmo, un soto técnico no edificio de talleres que aglutinará as instalacións do centro e colocarase un novo sistema de xeración de calor mediante biomasa para todo o complexo educativo.

 

Ademais, reorganizaranse os espazos do edificio principal, crearase unha nova sala de reunións e un local para viveiro de empresas na planta baixa do edificio principal. De forma parella, aproveitarase para mellorar a accesibilidade no conxunto do CIFP, incorporando nos dous edificios ascensor e aseo adaptado.

 

Para acometer a actuación é necesaria a demolición da fachada sur do edificio principal e da fachada este do edificio de talleres, entre outras modificacións. Os novos volumes, construiranse encostados ás fachadas dos existentes, seguindo a xeometría e estrutura dos mesmos.

 

Reorganización en Arealonga

No caso do Colexio CEIP Plurilingüe Arealonga, o proxecto da ampliación está neste momento en supervisión e a licitación está prevista para o cuarto trimestre de 2024. O investimento estimado é de 635.000€.

 

Tras a integración da Escola de Educación Infantil EEI Vagalume neste centro, proponse a reorganización dos espazos do colexio, ao tempo que se constrúe unha galería pechada de conexión entre os dous edificios. Así mesmo, reacondicionarase o espazo interior da antiga casa do conserxe para ubicar a zona administrativa.

 

Ademais, acometerase a mellora da eficiencia enerxetica tanto no edificio do antigo EEI Vagalume como na devandita vivenda do conserxe, colocando illamento térmico de fachadas con inxección en cámaras, substituíndo as cubertas e renovando fiestras e luminarias LED. Tamén se instalará un ascensor.

 

9,5M€ desde 2009

As intervencións enmárcanse na folla de ruta da Xunta de Galicia para a modernización dos centros, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Estas dúas novas actuacións súmanse ás mellora realizadas no Colexio CEIP Plurilingüe de Vilaxoán, no Instituto IES de Carril, no IES Castro Alobre e ás instalacións fotovoltaicas no IES Armando Cotarelo Valledor e no Centro de Educación Especial CEE de Vilagarcía de Arousa.

 

As obras no Fontecarmoa e no Arealonga consolidan un investimento de case 9,5M€ en obras educativas en Vilagarcía de Arousa desde 2009.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Resolución definitiva de centros admitidos en Ponte...nas ondas! para o curso 2023/24

Novas da Xunta - Vie, 22/12/2023 - 14:12
Idioma Gallego

Achégase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, conforme o disposto no apartado oitavo da Resolución do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.

Anuncio principal: 

Resolución pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2023/24

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas da Xunta
Contenido sindicado


by Dr. Radut