Skip to Content

Novas da Xunta

O próximo luns abre o prazo de inscrición nas probas libres para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para adultos

Novas da Xunta - Vie, 02/02/2024 - 15:15

Summary: 

Así o adiantou a directora xeral de FP durante unha visita ao Centro Público de Educación e Promoción de Adultos Eduardo Pondal da Coruña

Idioma Gallego

O próximo luns, día 5, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para adultos, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre. Así o explicou esta mañá a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, durante unha visita ao Centro Público de Educación e Promoción de Adultos EPAPU Eduardo Pondal da Coruña.

Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPA Eduardo Pondal (A Coruña), EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPA Albeiros (Lugo), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra) e EPA Berbés (Vigo).

No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro.  Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPA Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPA Albeiros (Lugo), a EPA de Ourense, a EPA Río Lérez (Pontevedra) e a EPA Berbés (Vigo).

O Eduardo Pondal é un dos 55 centros que actualmente forman parte da Rede de Capacitación Dixital, onde a Xunta de Galicia habilitou aulas específicas para impulsar a formación das persoas adultas en competencias dixitais básicas. Na visita, a representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, puido comprobar os avances este curso para a dixitalización do alumnado co obxectivo de garantir, desde a Administración autonómica, a formación da totalidade da poboación ao longo da vida.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Resolución do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se constitúe, con carácter experimental, a Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2023/24

Novas da Xunta - Vie, 02/02/2024 - 10:33
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se crea, con carácter experimental, a Rede de Centros “Escolas de Fronteira” e da a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2023/24.

 

File: 

Resolución do 1 de febreiro de 2024

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas da Xunta

Jue, 01/01/1970 - 02:00
Contenido sindicado


by Dr. Radut