Portal educativo > abalarbox, xuntarquivos, servizos, Intranet, datos persoais e baixas, velocímetro, boletín, destaques, sitios temáticos
Concurso de slogans do uso da bicicleta
Como é tradicional no IES A Xunqueira II, un ano máis e dentro da campaña “Móvete con pedaladas”, inagurouse a exposición-concurso de carteis sobre a utilización da bicicleta, como medio para desprazarnos dentro das zonas urbanas.
Ao mesmo tempo o que se pretende é dar unha ensinanza didáctica ao noso alumnado sobre os beneficios para a saúde e o baixo custo económico como medio de locomoción. Outro tema que se salienta é que a bicicleta evita os atascos e a contaminación dos vehículos a motor, favorecendo a presenza de ar limpo na cidade.
Polo que respecta a seguridade esta campaña pretende que o uso do casco estea xeneralizado entre os rapaces.
A participación dos adolescentes foi moi numerosa, como o demostra a cantidade de traballos presentados. Hai que destacar a calidade artística dos carteis e a participación activa do departamento de Debuxo.
José Daniel Reguera Méndez, coordinador do equipo de dinamización lingüística do IES A Xunqueira II.