Skip to Content

Orientación

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís para o curso 2020/2021.

Establécense as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Número de prazas

Lugo

Centro residencial xuvenil LUG

74 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 home/muller

Vigo

Altamar

87 home/muller

Requisitos xerais:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude.

  • Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.

  • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 do ano da presente convocatoria.

Requisitos específicos para a mocidade estudante:

  • Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.

  • Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Solicitude:

As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios están obrigadas a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I

Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria (do 22/07/2020 ata o 21/08/2020).

Condicións económicas :

a) Cuarto dobre: 324 € por residente e mes.

 b) Cuarto cuádruplo: 250 € por residente e mes.

Servizos ofertados :

Ademais dos servizos de aloxamento e mantenza, as residencias xuvenís ofrecen con carácter xeral os seguintes:

  • Aula de estudo-biblioteca.

  • Salas de xogos.

  • Televisión e vídeo.

  • Actividades culturais e deportivas.

  • Información aos pais e/ou ás nais ou ás persoas que sexan titoras legais sobre o comportamento do seu fillo ou da súa filla, cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten ou cando a dirección da residencia o considere necesario.

Máis información.

Orientación COVID-19.

Desde o departamento de orientación do IES Xermán Ancochea Quevedo, ca finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, queremos informar sobre o modo de traballo a seguir durante o período de suspensión da actividade lectiva regulada, como consecuencia da situación creada polo COVID-19, adaptando deste xeito, o modelo de titorías a este novo contexto no que nos atopamos.
Descríbense, a continuación, algunhas das actividades desenvolvidas desde o departamento para a atención do alumnado e as súas familias:

  • Publicación de enlaces con información útil para afrontar con mellor predisposición a situación que estamos vivindo:

No caso de precisar realizar algunha consulta relacionada co departamento de orientación, podedes utilizar calquera destes canais:

Seguiremos informando…

Un saúdo e moito ánimo!!

Información do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Dende o Centro Superior de hostelería de Galicia (CSHG) infórmannos que as probas de acceso para os canditatos/as a estudar algunha das titulacións do CSHG foron trasladas a un formato online e agora pódense facer calquera día da semana.

O proceso é similar ao anterior, só hai que cumprimetar unha preinscipción na web no seguinte enlace.

Pódese elexir cualquera día da semana ata agosto. O horario das probas é de 9 a 14.00 horas.

Ademáis se queredes coñecer en detalle o centro e a súa oferta educativa, organizan xornadas de portas abertas tanto personalizadas coma a grupos e colexios. Para iso só teñen que enviar un correo electrónico a info@cshg.es para pechar unha cita.

Xornadas da Universidade de Vigo

Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a Universidade de Vigo ten deseñadas unha serie de accións específicas entre as que cabe destacar a celebración de dúas xornadas con acceso libre a través da ligazón e a clave de acceso indicadas, dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou ciclos superiores de FP. Trátase da Xornada de Orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00h e as 19:30 h e da Xornada de Portas Abertas Virtual do día 14 de maio de 11:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h. No espazo da web #ConectaCoaUVigo podedes consultar a información polo miúdo destas e outras actividades.

 

 

Ademáis destas accións, a Universidade de Vigo tamén pon en marcha unhas sesións semanais, nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE (Sección de Información ao Estudante) a través de vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula. As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.

 

 

 

Novidades na oferta do SUG para o curso 2020/2021

A oferta do Sistema Universitario Galego (SUG) para o curso 2020/2021 incorpora novos títulos de grao e os primeiros graos abertos.

A oferta de prazas inclúe tres novos títulos de grao. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo,) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña).

Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidade de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).

Ademáis, o curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas no Campus da Coruña, o de Enxeñaría Industrial no Campus de Ferrol e o grao aberto de Enxeñarías no Campus de Lugo.

Máis información.

Encontros virtuais da USC.

A pesar da situación de confinamento na que nos encontramos, dende o Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC están a organizar os “Encontros Virtuais” da USC orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Nestes encontros estarán recollidas todas as titulacións de grao da USC, cunha participación máis ampla das titulacións do Campus de Lugo que ían ser presentadas nas xornadas supendidas.

Os “Encontros Virtuais” da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

Máis información.

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Convócanxe axudas para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM durante o ano 2020.

PERSOAS BENEFICIARIAS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

a) Estar cursando 3º ou 4º de ESO, durante o curso 2019/2020, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/2019.

c) Ter acadado no curso 2018/2019 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

f) Estar en posesión do DNI ou pasaporte.

SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña» e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de presentación presencial, esta aplicación «en liña» xera un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar debidamente. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 13 de abril de 2020.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONVOCADAS: As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

Quenda

Lugar

Datas

Idioma

Nº de alumnos/as

Curso

CDR A Coruña

16-22 de agosto de 2020

Inglés

100

3º ESO

CDR A Coruña

23-29 de agosto de 2020

Inglés

100

4º ESO

Máis información.

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2020.

Convócanse axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.

Requisitos:

  1. Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º ou 2º de Bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.

  3. Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

  4. Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.

  5. Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

  6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

  7. Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

Solicitudes, presentación e prazo:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo estará aberto do 27 de febreiro ata o 26 de marzo (ambos incluídos).

Máis información.

UNIFERIA. Feira virtual das universidades españolas.

Crue Universidades Españolas pon en marcha a segunda feira virtual, denominada UNIferia, para axudar ao estudantado que este ano decidirá o seu futuro académico.

Esta segunda edición de UNIferia terá lugar entre os días 17 ao 28 de febreiro de 2020 e reunirá a 54 universidades españolas que informarán online e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica de Grao, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores.

A través dunha plataforma virtual, os futuros e as futuras universitarios e universitarias poderán vencer as fronteiras xeográficas e temporais, informarse e interactuar cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes, cun formato moderno e accesible.

Máis información.

OBRADOIRO "Sen tabús: viaxe á natureza da sexualidade humana"

"Sen tabús: viaxe á natureza da sexualidade humana" é un proxecto artellado en 4 sesións para o alumnado de 3º e 4º de ESO. A finalidade última destes obradoiros radica en difundir a natureza da sexualidade humana sen vergoña, dun xeito claro e que dote de ferramentas á persoas, nunha etapa vital onde as dúbidas e a falta de información poden ser determinantes: a adolescencia. Destaparanse os mitos e crenzas arredor da sexualidade nunha sociedade patriarcal e de consumo, así como a importancia de posuír unha identidade propia –con total liberdade- e plena, fundamentada nunha autoestima e autoconcepto firmes.

Estes obradoiros van ser impartidos por Tania, dinamizadora do CIM de Trives e desenvolveranse os días, 29 e 30 de xaneiro e 5 e 17 de febreiro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut