Skip to Content

Orientación

Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2021/2022.

Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2021/2022, cursen ensinos postobligatorios con validez en todo o territorio nacional.

BENEFICIARIOS: poderán solicitar as bolsas desta convocatoria os estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas das seguintes ensinanzas:

  • Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:

    • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

    • Ensinanzas artísticas profesionais.

    • Ensinanzas deportivas.

    • Ensinanzas artísticas superiores.

    • Estudios relixiosos superiores.

    • Estudios de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

    • Ciclos formativos de grao básico.

  • Ensinanzas universitarias.

SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

O prazo é ata o 30 de setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios.

Máis información.

Convocatoria de prazas de residencia nos Centros residenciais docentes. Curso académico 2021/2022

Publicada a convocatoria que regula o procedemento para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2021/2022 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2021/2022.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real

decreto 688/2020.

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 578,32 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.

d) Máis do 30 %: 2.112,22 €.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

2. O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído).

Máis información.

Páxinas web dos centros residenciais.

Xornada de acollida do alumnado dos CEIPs adscritos.

O luns, 7 de xuño de 2021, desenvólvese a actividade de acollida para o alumando de 6º de educación primaria do CEIP Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives e do CEIP de Manzaneda, adscritos ao noso IES para os estudos de ESO. Pola mañá, a partir das 12:00 horas ten lugar a actividade co alumnado. Premendo no enlace da imaxe que aparece a continuación, pódese ver o contido máis detallado desta xornada:

Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa.

Convócanse, para a súa concesión en réxime de concorrencia competitiva, un total de 272 axudas para centros educativos públicos ou concertados, co fin de participar nun programa de inmersión en lingua inglesa durante o curso 2021/22.

Cada centro educativo formará un grupo de entre 20 e 25 alumnos de 6º curso de Educación Primaria ou de 2º curso de ESO segundo o caso, atendendo aos criterios que sirvan ao mellor aproveitamento do programa.

Excepcionalmente, en centros dunha soa liña ou de ámbito rural, o grupo poderá completarse con alumnos do nivel educativo anterior do mesmo centro ou do mesmo nivel educativo doutro centro, previa autorización do órgano instrutor. No caso de que o grupo conteña alumnos de dous centros educativos, garantirase a presenza de profesorado de ambos os centros.

As actividades do programa realizaranse durante o curso académico 2021-2022, durante dous períodos diferenciados, outono 2021 e primavera 2022. A duración da actividade será de cinco días completos e seis noites, comezando un domingo pola tarde e terminando o sábado pola mañá.

 

A contía das axudas abonarase directamente ás empresas que resulten adxudicatarias da licitación pública convocada para ese efecto e serán financiadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

As axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida entre o centro educativo e as instalacións onde se realizará a inmersión como do seu regreso.

Máis información.

Instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas de réxime especial para o curso 2021/2022

Publícanse as instruccións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas de réxime especial do sistema educativo.

Instruccións fin de curso alumnado de 2º de Bacharelato.

O alumnado PROPOSTO PARA O TÍTULO DE BACHAREL, deberá entregar na secretaría na  do centro a seguinte documentación:

    • Instancia de solicitude do título de Bacharel cuberta e asinada (modelo facilitado polo centro).

    • Alumnado de familia numerosa, fotocopia actualizada do título.

    • Resgardo de ingreso da taxa para a expedición do título de Bacharel (modelo facilitado polo centro).

Unha vez entregada esta documentación, poderase retirar o historial académico de bacharelato.

MATRÍCULA ABAU

Ademáis, o ALUMNADO QUE SE PRESENTE Á ABAU, deberá entregar, no prazo de matrícula ordinaria, comprendido entre o 20 e o 24 de maio, a seguinte documentación:

    • Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    • Impreso de prematrícula ABAU cuberto e asinado.

    • Pagamento das taxas, pódese realizar de dúas maneiras:

      • de forma telemática: coa prematrícula xérase unha conta de usuario en Nerta e cada estudante recibe os datos de acceso no seu correo electrónico. Con estes datos, e despois de activar a conta, o alumnado pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante.

      • Realizar o pagamento nas entidades bancarias autorizadas e entregar no centro educativo o resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes.

Poderá matricularse no prazo de matrícula extraordinaria, o día 1 de xuño (das 9.00 ás 14.00 h. exclusivamente a través do sistema informático NERTA), o alumnado que aprobe o segundo curso de Bacharelato despois das reclamacións ás cualificacións do Bacharelato.

Máis información.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/2022.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 15 de maio e o día 2 de xullo de 2021. Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

As probas de madureza de grao medio e grao superior para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terán lugar o día 7 de setembro das 9.00 ás 13.00 horas no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.

As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

  • Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 8 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

  • Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

  • Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 15 de setembro, ás 10.00 horas.

Máis información.

Premios extraordinarios de bacharelato.

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios, dotados con 1.000 € cada un e compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica, e ademais recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción e farase constar nas certificacións académicas que se emitan. Poderá concorrer ao correspondente premio nacional, e poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos de participación

  1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

  2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

Realización da proba para a obtención do premio

O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2021 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https:// www.edu.xunta.gal). A proba estruturarase en dúas partes:

  1. Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:

    1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.

    2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

  2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora: desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da arte II.

A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.gal/premiosedu.

Máis información.

Concurso Eduemprende Idea 2021

Este concurso ten por obxecto potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Requisitos de participación:

1. Estar matriculado no curso 2020/21 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sustentadas con fondos públicos.

2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios.

Modalidades e características dos premios: premiarase aos tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

1. Modalidade A: ciclos de grao superior:

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

2. Modalidade B: ciclos de grao medio:

– Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Asesoramento técnico do Igape.

– Dotación económica:

1º premio: 3.000 €.

2º premio: 2.000 €.

3º premio: 1.000 €.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (data de publicación: 16 de abril). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3. No anexo I a persoa solicitante debe facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar acerca da veracidade dos datos relativos á dita conta en que se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio, no caso de obtelo. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que legalmente correspondan.

Máis información.

Convocatoria de premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.

Obxecto dos premios:

Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia.

A dotación para os premios non poderá exceder os 850 € por premio.

O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción e farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Estes premios extraordinarios de formación profesional de grao superior son compatibles con calquera outro premio. O alumnado premiado poderá concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Requisitos das persoas solicitantes:

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2019/2020 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e que rematou os seus estudos no ano 2020.

2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu».

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Comezará o día 13 de abril de 2021 e rematará o día 12 de maio de 2021.

Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut