Orientación académica e profesional
A orientación académica e profesional debe ser entendida coma un proceso educativo de axuda e asesoramento para a toma de decisións vocacionais, dirixida ao alumnado e ás súas familias.
Dentro deste proceso, debemos ter en conta diferentes aspectos que contribúen a fomentar a madurez vocacional das nosas alumnas e alumnos:
- COÑECEMENTO DUN MESMO OU AUTOCONCEPTO: este coñecemento supón reflexionar sobre como un é: as súas capacidades, intereses, motivacións, valores, personalidade, situación académica, aspectos familiares e de relación social, …
- COÑECEMENTO DO CONTORNO, tanto das oportunidades académicas e profesionais que brinda o sistema educativo, como das posibilidades laborais que ofrece o mercado de traballo.
- TOMA DE DECISIÓNS, entendida coma un procedemento para abordar un proxecto persoal de vida, que guíe decisións autónomas e responsables baseadas na adecuación das características e expectativas persoais aos requerimentos das opcións académicas e laborais que se lle ofrecen.
Orientador@s de Secundaria de centros educativos públicos da provincia de Ourense creamos blogueorientagal para poñer a disposición da comunidade educativa información sobre as diferentes opcións académicas e profesionais.
Nos seguintes enlaces, atoparedes, en relación a cada curso, diferentes recursos ca información relativa á orientación académica e profesional:
- 1º ESO.
- 2º ESO.
- 3º ESO:
- 4º de ESO:
- 1º FPB:
- 1º Bacharelato.
- 2º Bacharelato:
- Esquema de orientación.
- Aula virtual.
- Instruccións fin de curso.
No Programa orienta 2020/2021 podedes acceder á versión online do programa Orienta; unha ferramenta que vos pode axudar no proceso de decisión sobre o teu futuro académico e profesional.