slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Viaxe a neve

Os alumnos dos cursos 1º e 3º disfrutaron de tres días na estación de Astún en Jaca. 

Os dous primeiros días nevou e o terceiro amenceu soleado e con moita neve. Aprenderon moito das clases de esquí. Todos coinciden, Jaca preciosa e a estancia no hotel moi boa.

Viaxe a neve

Primeiro Certame de Relatos “Cóntame un Conto”

O obra “O libro secreto de Chris”, de Amaia Tomé, alumna do Instituto Francisco Aguiar, foi galardoada co Primeiro Premio no Concurso Literario ‘Cóntame un conto’, da Fundación Meniños. Tamén, “O trasno viaxeiro”, de Noemí Barros e “Brancas Nubes”, de Daniela Rey, ámbalas alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Viós, levaron o primeiro e segundo accésit, respectivamente.

A entrega de premios tivo lugar na Librería Cascanueces, e contou coa presenza do representante do xurado, Manuel Guisande, a directora de Meniños, Mónica Permuy e a representante de Gadisa, empresa patrocinadora do evento, Ana Lago.

Autores como María Canosa e Carlos López (Chinto), xunto con Manuel Guisande formaron o xurado, designado por Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña.

Antón Quindimil convocado por la Selección Gallega de fútbol Sub16

Siguen las buenas noticias en cuanto al fútbol base de la comarca donde Antón Quindimil estudiante del IES VIOS ha sido convocado por la Selección Gallega Sub-16 para enfrentarse en un partido amistoso contra el R. C. Celta de Vigo B de la Liga Nacional Juvenil. El jugador se formó en sus inicios en las escuelas deportivas de Abegondo.

 

 

Os alumnos de 3° e 4° da ESO visitaron o mércores 21/01/2015 o Parlamento de Galicia

 

Nunha completa visita guiada coñeceron as distintas dependencias da sede do lexislativo galego, ao tempo que poñían en práctica a dinámica parlamentaria, mediante a realización de debates e intervencións públicas.

A visita culminou no salón de plenos onde tiveron a ocasión de sentar nas butacas dos deputados e, con esta fermosa fotografía do grupo.

 

Xa temos Árbore de Nadal

 Inicio

 Medio

 Final

Obradoiros de Igualdade

Con motivo do día 25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero estase a realizar diversas actividades no IES de Viós:

 

OBRADOIROS PREVENTIVOS “ EN IGUALDADE

O obxectivo do obradoiro é formar actitudes en nenos e nenas para a superación de prexuizos sexistas provocando cambio para evitar futuras prácticas sociais discriminatorias. Prantésase a través de 3 sesión para os grupos participantes nos que se presentan distintos contidos na procura de reflexionar sobre a temática e previr conductas inadecuada e fomentar a igualdade de xénero entre homes e mulleres.

Os destinatarios destes obradoiros son os alumnos/as de 2º  ESO

 

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE: TALLER AFECTIVO-SEXUAL

Obxectivo facilitar a educación afectiva sexual para presentar a sexualidade de xeito integral en todas as súas dimensións. Fomentar actitudes positivas ante a sexualidade e as súas diferentes posibilidades de respeto, comunición, tenrura e afecto-

 

Ademáis o obradoiro pretende favorer actitudes e medidas preventivas e axudar a desenvolver condutas libres, maduras e responsable. Abordaríase dende a prevención de condutas de risco e o fomento de hábitos saudables.

Os destinatarios destes obradoiros son os alumnos/as de 3º e 4º ESO.

 

CONTOS POLA IGUALDADE

A través de contos e historias adaptadas ás idades dos participantes prantearase como obxectivos o fomento de actividaes integradoras de cooperación e respeto entre as nenas e nenos, eliminar estereotipos e roles de xénero introducindo novos modelos sociais, fomentar a imaxinación e a creatividade a través de contos e historias.

Os destinatarios destes contos son os alumnos/as de 1º ESO

Xornada de Micoloxía no I.E.S. de VIOS - 2014

O pasado 12 de novembro e gracias ao Concello de Abegondo, celebráronse as Xornadas de Micoloxía 2014 no IES de VIOS.

Os alumnos tiveron unha reunión teórica impartida por Carlos Pastoriza e finalmente remataron a xornada con un paseo polas inmediacións do Instituto en busca dalgún cogomelo.

Libros de texto para o Curso 2014/15

Para o curso 2014/15 non hai cambios con respecto aos libros de texto, aínda así no seguinte enlace tedes a relación de libros para o vindeiro curso.

 

Libros texto-Curso 2014/15

Axudas para a adquisición de libros de texto para o Curso 2014/15

Nos seguintes enlaces atoparán información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso. 

- Convocatoria publicada no Diario Oficial

- Resumo da convocatoria

- Impreso

 

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Xa saiu publicada no DOG a convocatoria para as actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014 para o alumnado da ESO.

Nos seguintes enlaces atopareces a convocatoria oficial e un cadro resumo (destinatarios, prazos, modalidades e número de prazas, documentación necesaria e prazos).

- Convocatoria oficial (DOG do 27 de marzo de 2014)

- Cadro resumo

Pais/Nais

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer