Primeiro Certame de Relatos “Cóntame un Conto”

O obra “O libro secreto de Chris”, de Amaia Tomé, alumna do Instituto Francisco Aguiar, foi galardoada co Primeiro Premio no Concurso Literario ‘Cóntame un conto’, da Fundación Meniños. Tamén, “O trasno viaxeiro”, de Noemí Barros e “Brancas Nubes”, de Daniela Rey, ámbalas alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Viós, levaron o primeiro e segundo accésit, respectivamente.

A entrega de premios tivo lugar na Librería Cascanueces, e contou coa presenza do representante do xurado, Manuel Guisande, a directora de Meniños, Mónica Permuy e a representante de Gadisa, empresa patrocinadora do evento, Ana Lago.

Autores como María Canosa e Carlos López (Chinto), xunto con Manuel Guisande formaron o xurado, designado por Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña.

Pais/Nais

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer