Información Xeral

TEATRO con CÁNDIDO PAZÓ

Cándido Pazó en Memorias dun neno labrego

O día 9 de maio de 2018 visitounos Cándido Pazó para nos traer o seu espectáculo narrativo-teatral baseado no libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e que o dramaturgo adaptou para celebrar o 50 aniversario da primeira publicación en Bos Aires do libro máis lido, publicado e traducido da nosa literatura. Monólogo co que amais, agora, lle rende homenaxe á figura do egrexio escritor.

Dedicado a todos os Balbinos do mundo, os que son, foron e serán. Os das aldeas da memoria e os das leiras de asfalto. Os expulsados da infancia, nenos labregos que en lugar de sacho empuñan un fusil, os refuxiados de toda caste de medos e miserias, os que tiran pedras...

Programación actividades Dinamización Lingüística

10/01/2018 06:37
Atlantic/Bermuda

Podes descargar aquí as Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua para o curso 2017-2018

 

Pincha aqui para verdes as receitas dos gañadores do Concurso de Entroido.

 

Celebramos o día de Rosalía.

Enlaces de interese

Nesta páxina podes atopar enlaces que che poden axudar no teu traballo en galego.

Ofrecémosche ademais unha páxina que se actualiza constantemente, volcando no mesmo espazo bitácoras e webs dos ENDL dos centros escolares galegos e outros sitios relacionados coa lingua. A dirección é a seguinte

www.planetaki.com/normalizagaliza

Pais/Nais

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer