Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio
O luns, 31 de marzo abre o plazo para inscribirse na proba de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio. A inscrición deberá facerse nun centro que imparta formación profesional.
Nos seguintes enlaces atoparedes:
- Anexo I (folla de inscrición)
- Calendario do procedemento
Recomendacións lectoras para nadal
Neste enlace tedes as recomendacións lectoras que fai a biblioteca do IES de Viós para este nadal.
Vídeo elaborado nos obradoiros "Educando en Igualdade"
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello desenvolveu co alumnado de 2º ESO o obradoiro "Educando en Igualdade". Neste obradoiro elaboraron un vídeo e aquí tedes o enlace para poder velo.
Educación dixital
A Asociación Socio-Psicopedagóxica Galega ven de poñer en marcha o proxecto E-ducando, que pretende facilitar un acceso óptimo ás novas tecnoloxías, así como un coñecemento das súas potencialidades e perigos.
Aquí tedes o enlace a E-ducando e convidámosvos a visitar a web, e incluso podedes darvos de alta e participar.
MATERIAIS DIDÁCTICOS CURSO 2016-2017
Enviado por admin o Lun, 12/09/2016 - 05:25Publicamos a relación de libros e materiais didácticos para o presente curso
Concurso de Fotografía 2012
Aquí tedes os premiados e finalistas do Concurso de Fotografía do IES de Viós do curso 2011/12.
A entrega de premios será no Salón de Usos Múltiples do instituto o mércores, 16 de maio, ás 17.30 horas.
1º Premio no III Concurso de Fotografía
A comunidade educativa do IES de Viós quere felicitar a Javier Tasende Martín, alumno de 2º da ESO, gañador do 1º premio no III Concurso de Fotografía do Consorcio de As Mariñas e coa que denuncia o deterioro medioambiental que nos rodea.
Deixamos aquí os enlaces para obter máis información:
Aquí tedes a súa fotografía "Rodas I"
¡FELICIDADES JAVIER!
Proxecto Abalar
Proxecto Abalar pretende cambiar o modelo de centro educativo tradicional ao dun centro educativo dixital, e o noso instituto foi un dos centros seleccionardos para levar a cabo esta experiencia.
A idea xeral é pasar dunha aprendizaxe pasiva a unha aprendizaxe activa, participativa, colaborativa, investigadora; e para iso é preciso incorporar aos centros e ás aulas os novos avances tecnolóxicos.
Este curso as aulas de 1º curso da ESO convértense en aulas Abalar, o que supón dotalas de pizarras dixitais interactivas, canón, conexión wifi, así como un ordenador ultraportátil para cada alumno e alumna.
Participamos no Proxecto ARCE do Ministerio de Educación
O alumnado do IES de Viós, en colaboración cos centros de Aubenç (Oliana, Lleida) e Diego Angulo (Valverde del Camino, Huelva) amosa nun blog os traballos sobre coeducación elaborados nos dous últimos cursos. Se picades no enderezo seguinte teredes acceso a este blog así como as diversos números das revistas que elaboraron os centros.
Enlace aos traballos do bienio 2008/10: http://unidoshacialaigualdad.blogspot.com/
Enlace aos traballos do bienio 2010/12: http://profeblog.es/blog/unidoshacialaigualdad/
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7